Sexta Etapa / Sixth Stage: Lizarra / Estella

Sexta Etapa: Lizarra / Estella

Unha das cousas que máis me gustan deste Camiño de Santiago que imos facendo prato a prato é a variedade de produtos e pratos típicos que podemos atopar ao longo desta travesía tan fermosa. Despois dos pementos do piquillo recheos, preparamos un prato que tamén é moi saboroso, mais desta vez, con peixe: O BACALLAU AJOARRIERO. Este prato ten como ingredientes básicos o bacallau, o pemento, a cebola e o prebe de tomate. É unha receita sinxela, rápida e que, ademais, é moi saudábel, para que despois non digamos que non se poden facer pratos saudábeis e rápidos. Hai quen tamén lle bota patacas e pemento verde. Eu como non son moi seareira do pemento verde, non llo botei, mais se a vós vos gusta, adiante! O mellor de cociñar é facer as receitas como máis nos gustan e adaptalas ás nosas preferencias. Facer de cada receita, algo noso. E sen máis, imos aló! Continue reading

Poke Bowl

Poke Bowl

De seguro que este nome vos soa de algo. Xa hai un tempo que este prato típico de Hawaii se fixo ben famoso e comezou a aparecer por tódolos vídeos de receitas, blogues e, incluso, restaurantes. A receita tradicional leva atún e non leva arroz, mais nós fixemos a nosa propia versión para facelo un prato máis completo e máis sinxelo. Se xa de por si ten boa pinta, en canto o probedes, enamorarédesvos. É un prato fresco, lixeiro e cheo de sabor! Prepárase moi axiña e o paso máis complicado é cortar os ingredientes! Quen se apunta a preparar este súper prato? Imos aló! Continue reading

Mariñeiras con tartar de salmón / Mariñeiras with salmon tartare

Mariñeiras con tartar de salmón

Se nunca probastes estas saborosas galletas mariñeiras, non agardedes máis! Teñen un sabor moi intenso, son súper crocantes (algo que me encanta!) e o mellor de todo é que son galegas!!! Son perfectas para preparar petiscos e de aí xurdiu esta idea! As mariñeiras con tartar de salmón son un petisco saudábel, saboroso, rápido e que campa que rabea! Non me diredes que non son bonitiñas, non si? 😀 Pois aínda saben mellor!!! Só precisaremos uns 5 minutos para preparar todo. Imos aló! Continue reading

Fish & Chips

Fish & Chips

Fish & Chips

E aquí estamos de novo cunha receita típica británica e que todos asociamos coa gastronomía do Reino Unido. O Fish & Chips é un prato moi sinxelo e que campa moi ben. Eu a primeira vez que o vin (e probei!) foi en Escocia e estábano vendendo nunha furgoneta xunto con hamburguesas con patacas. E a segunda foi en Londres nun típico pub inglés. En canto o probas, entra a curiosidade sobre cal será o ingrediente segredo ou o truquiño para que quede un rebozado tan crocante por fóra, brandiño por dentro e que faga que o peixe quede tan suave e cheo de sabor. Pois hoxe, descubrirédelo! Iso si, este Fish & Chips leva un toque galego que lle dá moi bo sabor e moita personalidade 😉 Imos aló! Continue reading

Linguado en tempura / Sole tempura

Linguado en tempura

linguado

Esta receita de linguado en tempura é perfecta para aquelas persoas ás que lles gusta o peixe, mais non tanto as espiñas e tamén para a cativada 🙂 O linguado é moi saboroso, non ten nada de graxa e, polo tanto, ben saudábel. O máis complexo desta receita é facer os filetiños de linguado, mais con esta sinxela explicación paso a paso, xa veredes como resulta do máis sinxelo! Imos aló! Continue reading

Tartar de salmón afumado / Smoked salmon tartare

Tartar de salmón

salmon tartare

O tartar de salmón adoita facerse co salmón cru, mais con salmón afumado o certo é que está boísimo! E que dicir da combinación salmón-aguacate? É simplemente perfecta. Tanto se vos atrevedes co salmón cru, ou probades co afumado, este aderezo de seguro que vos encanta. É ben sinxelo, e sempre podedes xogar con aqueles ingredientes que vos enchan máis o ollo 😉 Imos aló! Continue reading