Receitas de Entroido / Carnival Recipes

Receitas de Entroido

Como non podía ser doutra maneira, había que facer un artigo, que agardamos poder ir ampliando, con tódalas receitas típicas do Entroido, que non son poucas. Así, non teremos que ir rebuscando polo blogue e veremos as diferentes receitas non só de Galiza, que xa temos unhas poucas, senón as que se fan arredor do mundo. Este artigo irémolo actualizando segundo vaiamos facendo máis receitas. Non perdades un segundo e poñédevos coas mans na masa porque todas e cada unha destas receitas está para relamber os dedos! Imos aló! Continue reading

Filloas recheas / Stuffed filloas

Filloas recheas

filloas recheas

Estes días de chuvia son moi malos para min porque non teño máis que antollo de comer filloas…si, é pensar en frío e chuvia e querer facer filloas. E é que non se pode negar que quenta ben o corpo tanto facelas como comelas, especialmente se se ten a sorte de poder facelas na cociña de leña, todo hai que dicilo. A min gústanme de tódalas maneiras, especialmente con rixóns. E, sobre todo, recén feitas. Conmigo o murico de filloas non dura nada, porque vou facendo e papando. E cando acabo de facelas sempre fago algunha rechea. Como son moi toliña polo sushi, decidín preparar estas así, con esta forma, mais iso xa vos digo que tanto ten. O mellor é enchelas do que máis vos guste e papalas como máis vos apeteza. O queixiño quédalle moi ben porque se derrete e iso é puro vicio!!! Imos aló! Continue reading