Dutch baby pancakes

Dutch baby pancakes

Que cousa máis saborosa! Mira que ten boa pinta, mais non me pensaba eu que ía estar taaan rica! Aínda a podo saborear e non me resisto a coller outro anaco. Mágoa que cada vez quede menos! 😀 Que sabor, que textura! Esta Dutch baby pancake recórdame moito ás crepes flamexadas, pois ten unha textura de crepe húmida e un sabor a vainilla que está de vicio!!! E sabedes o mellor de todo? De seguro que tódolos ingredientes que fan falta para preparala os tedes agora mesmo na casa. E…prepárase en 20 minutos!!! O único inconveniente e a razón básica pola que aínda non a preparara na casa é que para preparala precisamos unha tixola que se poida meter no forno. Agora son ben sinxelas de atopar, e xa só por preparar esta marabilla, paga ben a pena!!! Continue reading “Dutch baby pancakes”

Filloas / Galician Filloas

Filloas

image

Que veña o frío e a gana de facer filloas, é todo un! Aproveitas para estar ao quentiño na cociña e, de paso, comer unhas poucas filloas, que están boísimas e quentan ben o corpo! Como vedes, todo ventaxas.

Continue reading “Filloas / Galician Filloas”