Marmelada caseira de figos / Homemade fig jam

Marmelada caseira de figos

Se tedes a sorte de ter unha figueira na horta, ou coñecer a alguén que a teña, xa saberedes que este ano poderiamos dicir que é ano figueiro, ou polo menos as dúas figueiras que teñen meus pais na horta están a tope de figos. E aínda que devezamos por eles e vaiamos a un bo ritmo para que non se poñan malos, é certamente complicado con tanta cantidade. É por iso que unha das mellores solucións para dar boa conta de tal manxar, é preparar unha saborosa marmelada. O único que cómpre é tempo, o demais, case se fai só. Imos aló! Continue reading “Marmelada caseira de figos / Homemade fig jam”

Torta de figos / Fig Tart

Torta de figos

Hai xa un tempo, pedinvos receitas desas que sempre se fixeron na vosa casa para ir poñendo aquí no blogue e poder unha base de datos de receitas galegas e que estas marabillosas lambonadas nunca se perdan! Xabier foi dos primeiros que me enviou varias receitas e, sabendo a miña devoción polos figos, estaba claro que tiña que comezar con esta! Primeiro de todo, moitas grazas a Xabier polas receitas e, sobre todo, por esta, non só por enviala, senón tamén por darme a oportunidade de probar esta torta taaan saborosa!!! Continue reading “Torta de figos / Fig Tart”