Apfelkiechle

Apfelkiechle ou chulas de mazá

E aquí estamos de novo cunha súper receita desas que me contan para que poña no blogue! (Si, teño xente así de estupenda ao meu carón!) Semella ser que é unha receita típica da Alsacia e que o seu nome é de orixe alemá (por iso de que Alsacia formou parte de Alemaña) Apfelkiechle vén de Apfel que sería mazá e kiechle algo así como filloa. Aquí tamén as facemos e chamámoslles chulas de mazá, ou fritos de mazá, dependendo da zona (e aínda haberá máis nomes que non sei!) O caso é que estas receitas de toda a vida, para min, adoitan ser moi sinxelas, rápidas e cun resultado espectacular. E o mellor de todo é que saben de vicio!!! Imos aló! Continue reading “Apfelkiechle”

Revolto de grelos / Turnip tops scrambled eggs

Revolto de grelos

Despois das enchentas de Nadal, o corpo xa pide voltar a comer coma sempre e deixarse de tanta paparota. O frío por fin chegou e apetecen pratos quentiños. Iso si, que non nos dean moito traballo, que xa pasamos tempiño abondo na cociña nas festas, e non? Este revolto de grelos é un prato deses que se fai tan rápido e sabe taaan ben que eu xa estou pensando en facelo de novo, que hai que darlle saída aos greliños da leira 😉 E, coma sempre vos digo, probade con outros ingredientes que a vós vos gusten, eu empreguei os que tiña a man e quedou ben saboroso! Imos aló! Continue reading “Revolto de grelos / Turnip tops scrambled eggs”

Momias de Samaín / Hot dog mummies

Momias de Samaín

momias de Samaín

Despois de dúas receitas tradicionais do Día de Tódolos Santos, hoxe toca unha receita máis moderna, divertida e pola que devecerá a cativada. De seguro que se apuntan tanto a facelas como a comelas. E o certo é que non me estraña nadiña. Cantos anos sen comer salchichas! Xa nin recordaba como sabían. Non sei a vós, pero na miña casa eran un produto bastante vetado 😀 Xa sei que non son nada saudábeis, mais unha vez ao ano, polo Samaín, ben podemos facer un pequeno sacrificio, va que si? E o riquiñas que quedan? Non me digades que non quedan de medo 🙂 E ademais, fanse nun plis! Imos aló! Continue reading “Momias de Samaín / Hot dog mummies”

Solombiños estilo Quebec / Quebec-style tenderloin

Solombiños estilo Quebec

solombiños

Como xa vos ensinei a moitos de vós polas redes sociais, tiven a sorte de recibir como agasallo un libro precioso de receitas do Quebec. Cheo de ilustracións, imaxes fermosas do Quebec, e, ademais, en francés! En canto lle botei un ollo ás receitas, xa houbo unha que me namorou e que sabía que sería das primeiras en aparecer no blogue. E aquí está. Aínda que a receita orixinal era con porco bravo, podedes empregar, como fixen eu, calquera outra carne tenriña que teñades a man. Para min, solombo, raxo ou redondo quedarían perfectos con este prebe. Nótase na gastronomía do Quebes a marabillosa influencia da cociña francesa. Un pracer para tódolos sentidos. Imos aló! Continue reading “Solombiños estilo Quebec / Quebec-style tenderloin”

Roliños de inverno / Winter rolls

Roliños de inverno

roliños

Despois dos tan coñecidos roliños de primavera, aquí vai unha versión máis de inverno cun recheo diferente, mais moi rico, saudábel, nutritivo e con produtos de tempada. Da outra vez, fixemos os roliños coa pasta de arroz e fritidos, nesta alternativa máis saudábel, farémolos ao forno e con pasta brick, que é esa pasta moi finiña e crocante que se fai moi axiña no forno e é moi lixeira. Ademais, para esta receita, empregamos un ingrediente moi especial: uns cogomelos ostra cultivados por nós mesmos coa axuda de resetea, un proxecto galego moi especial no que se cultivan cogomelos en pousos de café. Se queredes saber máis, non dubidedes en mirar a súa páxina web. Máis abaixo deixarevos unhas imaxes para que vexades que riquiños son estes cogomelos. Imos aló! Continue reading “Roliños de inverno / Winter rolls”

Granadas ao viño / Pomegranates with wine

Granadas ao viño

granadas

Despois das paparotas do Nadal, que mellor que unha sobremesa lixeira e con produtos de tempada. A granada é unha froita moi saborosa e nutritiva, e das moitas cualidades do viño xa nin falamos, que son de todos ben coñecidas. Ademais, aproveito para deixarvos un pequeno kukitruquiño para despolpar a granada a lume de carozo e sen complicacións. Imos aló! Continue reading “Granadas ao viño / Pomegranates with wine”