Orellas de Entroido / Carnival sweet ears

Orellas de entroido

orellas

Ai! Bendito entroido! Esa época do ano na que comemos cocido ata fartar e aproveitamos para lambonear todo o que queremos e máis! Recoñezo que é unha das festas coas que máis gozo, as máscaras, as comparsas, o cocido… e si, para que negalo, aquí na Galiza temos unha tradición de Entroido da que podemos facer alarde. Despois das filloas, as follas de limoeiro ou a bica, xa tocaba outra das máis típicas sobremesas, as orellas. Con estes ingredientes sae unha masa duns 1200 gramos polo que sairán moitas orellas. Se non queredes facelas todas a un tempo, a masa pódese conxelar, así, sempre teremos as nosas orellas a punto. Continue reading “Orellas de Entroido / Carnival sweet ears”

Castagnole

Castagnole

castagnole

Despois de facer varias receitas do Entroido galego, xa tiña gana de probar algunha receita máis internacional; e remexendo pola rede descubrín estas pequenas boliñas, que veñen sendo coma as nosas rosquillas, mais en boliñas pequechas. Como supoño que se deduce polo nome, as castagnole son típicas do Entroido en Italia, e están boísimas!!! Na receita orixinal, emprégase reladura de limón, mais como eu son máis de laranxa, mudei de froita, mais vós ao voso gusto! E o mellor de todo é que se fan nun plis, mesturar ingredientes, fritir e xa está. Como nos gusta o Entroido, non si? Imos aló! Continue reading “Castagnole”

Follas de limoeiro / Sweet lemon tree leaves

Follas de limoeiro

follas limoeiro

Falando das receitas do Entroido na casa, xurdiu esta receita que quizáis non é tan típica, máis é unha receita ben antiga e que forma parte da gastronomía galega dende hai ben anos. A receita é sinxela, como tódalas do Entroido, e o resultado é saboroso, xeitoso e sorprendente. Imos aló! Continue reading “Follas de limoeiro / Sweet lemon tree leaves”

Pudin de orellas de Entroido / Carnival orellas pudding

Pudin de orellas de Entroido

image

Non soe ser normal que sobren orellas, peeero, ás veces, poñémonos mans á masa e saennos un montón! Pois nada de tirar orellas ao lixo! Iso si que non pode ser! Unha maneira de conservalas é conxelalas, metémolas no conxelador e o día que as queiramos comer, sacámolas un chisco antes e deixámolas desconxelar, e estanvos ben boas. E se queredes reconvertir as orellas noutra larpeirada, podedes facer este delicioso pudin! Se as orellas están boas, isto está…mmm, saborosísimo!!! Imos aló! Continue reading “Pudin de orellas de Entroido / Carnival orellas pudding”

Bica branca de Laza / Laza’s white Bica

Bica branca de Laza

image

Seguimos coas lambetadas de Entroido. A bica é un doce típico de varias zonas da Galiza, sendo as máis coñecidas, a de Laza, a de Trives e a de Castro Caldelas. Desta vez, faremos a Bica branca de Laza, por ser este un dos lugares máxicos do Entroido. Ademáis, a receita é moi sinxela de facer, e o resultado, encantaravos! Imos aló! Continue reading “Bica branca de Laza / Laza’s white Bica”

Filloas / Galician Filloas

Filloas

image

Que veña o frío e a gana de facer filloas, é todo un! Aproveitas para estar ao quentiño na cociña e, de paso, comer unhas poucas filloas, que están boísimas e quentan ben o corpo! Como vedes, todo ventaxas.

Continue reading “Filloas / Galician Filloas”