Empanadiñas de atún / Tuna pies

Empanadiñas de atún

Xa é a segunda vez que preparo esta receita para o blogue, mais desta vez cambiei algo os ingredientes para darlle un toque máis orixinal, e para axudar a que a cativada coma verduras sen decatarse. Estas empanadiñas de atún son lixeiras, van feitas ao forno, polo que non levan aceite de máis, e ademais saben de marabilla!!! Que é o máis importante! Ademais, veremos como pechar as empanadiñas dun xeito distinto, que de seguro vos recordará ás empanadiñas arxentinas, que é moi sinxelo de facer e que fai que queden unhas empanadiñas ben feitiñas. A masa é moi fina e non se fai nada pesada, por iso é ideal para facer ao forno, ademais así non corremos o risco de que rompa e se nos escape a o recheo 🙂 Imos aló! Continue reading “Empanadiñas de atún / Tuna pies”

Masa para gyozas / Gyoza wrappers

Masa para gyozas

gyozas

Para todas aquelas persoas que, despois de publicar a receita das gyozas (empanadiñas xaponesas) me preguntaron pola masa das gyozas, aquí vos deixo a receita para poder facelas na casa. Só se precisan tres ingredientes e faise nun plis. Ademáis, pódese gardar uns días na neveira ou conxelala (xa coa forma) e tela preparada para usar en calquera ocasión. Imos aló! Continue reading “Masa para gyozas / Gyoza wrappers”

Gyozas: empanadiñas xaponesas / Japanese Gyozas

Gyozas: empanadiñas xaponesas

gyoza

Se algunha vez probastes estas empanadiñas, xa sabedes o boas que están, e que comer unha detrás de outra e non poder parar acostuma a ser o habitual. E seguro que en canto vexades esta receita e o doada que é, poñerédesvos coas mans na masa. E para aqueles que aínda non as probastes, xa non tendes desculpa. E ademáis, pódense rechear do que máis vos guste. Eu fíxenas cun dos recheos máis típicos, máis por probar que non quede. Imos aló! Continue reading “Gyozas: empanadiñas xaponesas / Japanese Gyozas”

Guacamole e nachos caseiros / Homemade nachos and guacamole

Guacamole e nachos caseiros

guacamole nachos

Como gozo eu facendo estas receitas que dan tan pouco traballo e tan bo resultado! Que si, que de cando en cando apetece facer receitas máis elaboradas, máis para o día a día o mellor son estas receitas que se fan nun plis, e que están de vicio! Os nachos fanse en 10 minutiños e o guacamole en 5. E ademáis, o guacamole é do máis saudable e apto para tódalas dietas. Imos aló! Continue reading “Guacamole e nachos caseiros / Homemade nachos and guacamole”

Pizziñas exprés / Quick little pizzas

Pizziñas exprés

Pizzas

Ás veces dános un chisco de nogalla facer as pizzas na casa, por iso de amasar, agardar a que masa levede, darlle forma co rolo de amasar… pois con esta sinxela receita, en só 5 ou 10 minutiños teredes unhas mini pizzas boísimas! Só precisamos masa para facer empanadiñas e os ingredientes que lles queiramos poñer. A que é boa idea? Imos aló! Continue reading “Pizziñas exprés / Quick little pizzas”

Empanadiñas de verduras / Veggies pasties

Empanadiñas de verduras

Empanadiñas

Unha receita saudable, sen demasiadas complicacións e moi sabedeira. Desta vez, fíxenas ao forno, para que foran aínda máis lixeiras, e ademáis, só levan verduriñas, así que vexetarianos e veganos, estade atentos! 😉 Imos aló! Continue reading “Empanadiñas de verduras / Veggies pasties”