Empanada de mazá / Apple pie

Empanada de mazá

Hai case tantos tipos de torta de mazá como persoas, e a min gústanme todas. Aquí no blogue xa fixemos algunha que outra, como a torta tatin ou a torta de mazá, mais a min faltábame esta receita porque me trae recordos de cando miña nai trae da pastelaría unha empanada de mazá que me gusta moito a pesares de levar canela, que non é algo que adoite gustarme. E o certo é que esta receita saíu das miñas lembranzas, tentando que o resultado final fose o máis semellante a aquela saborosísma empanada. E a verdade é que estou moi satisfeita co resultado e agardo que a probedes e vos guste tanto como a min. Imos aló! Continue reading

Empanada de millo de berberechos / Galician cockles empanada

Empanada de millo de berberechos

empanada millo

Cando un ten un blogue de cociña, aproveita para facer todas esas receitas que sempre quixo facer, ou polo menos todas aquelas que lle gusta papar. E a empanada de millo é unha das miñas preferidas. Gústame con berberechos, con xoubas, con bacalao, con zamburiñas (desta seguro que haberá receita!) e case con calquera ingrediente! Aterraba un pouco a idea de facela porque todo o mundo me dicía: esa empanada é moi mala de facer, porque a masa non liga. E é ben certo que non liga, pero xa vos digo que iso non a fai complicada e polo resultado ben vale a pena. Así que xa vedes que non hai excusa. Imos aló! Continue reading