Galletas digestive / Digestive biscuits

Galletas digestive

Na súa orixe, estas galletas escocesas, deron en chamarse digestive, dixestivas, porque había a crenza de que eran boas para facer a dixestión, tendo algo así como un poder anti acidez. Aínda que en realidade non fora así, o nome segue a empregarse e hai quen pensa que estas galletas son máis saudábeis que calquera das outras. O que si é certo é que non levan ovo, a fariña é integral e non levan tanto azucre. O sabor ten un punto entre doce e salgado, unha textura moi crocante e un paso a paso moi sinxelo, agás o momento de amasalas co rolo, que é un chisco complexo. Imos aló! Continue reading “Galletas digestive / Digestive biscuits”

Mousse de chocolate con leite / Milk chocolate mousse

Mousse de chocolate con leite

Esta súper receita de mousse de chocolate con leite só leva dous ingredientes! E non, non leva nin ovo, nin fariña, nin azucre engadido. De feito, eu que estaba algo lambona o día que a fixen, empreguei chocolate con leite, mais se queredes, podedes facela perfectamente con chocolate negro sen azucre e aínda será máis saudábel. A textura xa vedes que é hiper esponxosa e cremosa, cun sabor intenso e unha sensación no padal como se lle deramos unha trabada a un anaquiño de nube. Ademais, é unha receita apta para veganos, ou intolerantes ao ovo ou á fariña. Tampouco leva aceites nin manteigas. Vaia, que é a receita de mousse perfecta e si, só dous ingredientes. E un xa o sabedes, cal pode ser o outro? Non agardes máis para sabelo! Continue reading “Mousse de chocolate con leite / Milk chocolate mousse”