Mini pizzas

Mini pizzas

Mini pizzas

Isto de ter masa de pizza caseira sempre dispoñible é un perigo! Así que desta vez, probei a facer unhas mini pizzas. A idea gústame para unha cea entre amigos, na que queres facer pizzas de varios sabores, ou para aquelas persoas que tendes que levar comida ao traballo. Imos ver como se fan, veredes que sinxelo! Continue reading “Mini pizzas”

Empanada de millo de berberechos / Galician cockles empanada

Empanada de millo de berberechos

empanada millo

Cando un ten un blogue de cociña, aproveita para facer todas esas receitas que sempre quixo facer, ou polo menos todas aquelas que lle gusta papar. E a empanada de millo é unha das miñas preferidas. Gústame con berberechos, con xoubas, con bacalao, con zamburiñas (desta seguro que haberá receita!) e case con calquera ingrediente! Aterraba un pouco a idea de facela porque todo o mundo me dicía: esa empanada é moi mala de facer, porque a masa non liga. E é ben certo que non liga, pero xa vos digo que iso non a fai complicada e polo resultado ben vale a pena. Así que xa vedes que non hai excusa. Imos aló! Continue reading “Empanada de millo de berberechos / Galician cockles empanada”

Torta de amoras / Blackberry pie

Torta de amoras

IMG_1503

Que gusto dá poder ir polo campo cunha pequeña bolsiña apañando amoras, non si? É algo que sempre me apaixoou de pequena, e o certo é que tiña (e teño) certa predilección por apañalas nun lugar especial, en Corbillón (Cambados). Dende que cada verán, visitabamos uns amigos neste lugar, a miña actividade favorita era ir coller amoras despois de comer. E este ano, non foi menos. Continue reading “Torta de amoras / Blackberry pie”