Banoffee Pie

Banoffee Pie

banoffee pie

Toma torta de prátano e doce de leite que traio hoxe!!! Sinxelísima e moooi saborosa! Sí, xa o sei, tamén é unha bomba calórica que mete mediño, mais paga ben a pena deixar a vida saudable por un día e pegarse unha boa homenaxe 😛 O único de complicado que ten esta receita é montar a tona e mesturar as galletas e a manteiga. Non me diredes que non é doado, doado! E non é para nada empalagosa nin doce demáis, e simplemente perfecta! 😀 Continue reading “Banoffee Pie”

Bombóns recheos de doce de leite / Dulce de leche chocolates

Bombóns recheos de doce de leite

image

Fai pouquiño merquei un molde para facer bombóns. Xa había tempo que tiña ganas de mercar un para aproveitar o chocolate que ás veces nos sobra facendo alguna lambonada. Pero xa se sabe, ao ter o molde pola casa, sempre se cae na tentación de usalo para probar alguna nova larpeirada, e deaí saiu a idea de facer estes bombóns.

É certo que para facer bombóns é importante atemperar o chocolate, pero como quería facer unha receita rápida e sinxela, fíxeno sen este paso. Os bombóns convén que queden na neveira durante bastante tempo, dous ou tres días, para que non se derretan nada máis tocalos. Peeero, para os lambonciños coma min, pódense comer unha vez que estean xa fríos e duros, están deliciosos! (Aínda que se desfagan…sempre se poden relamer os dedos, non si?) Imos aló! Continue reading “Bombóns recheos de doce de leite / Dulce de leche chocolates”

Alfajoriños / Little Alfajores

Alfajoriños

image

Vouvos confesar un segredo… Son adicta ao doce de leite! Gústame en xeados, con filloas, con galletas…e, por suposto, nos alfajores. E xa facía tempo que tiña ganas de preparar estas delicias! Como non son moi fan do coco, usei chocolate branco relado e debo decir que así están ben sabedeiros! 🙂 Imos ver como se fan!

Continue reading “Alfajoriños / Little Alfajores”