Turrón de chocolate branco / White chocolate turron

Turrón de chocolate branco

turron chocolate

Os que ledes o blogue, xa sabedes da miña devoción polo chocolate branco. Encántame! En canto fixen o turrón de chocolate caseiro, sabía que máis tarde ou máis cedo, caería unha receita de turrón de chocolate branco. De novo, unha receita moi rápida e sinxela. Desta vez, ademáis do arroz inflado, engadinlle tamén uns pistachos. E se vos gustan, podedes engadirlle lacasitos, M&Ms, galletas ou outros froitos secos. Imos aló! Continue reading

Bacalhau com natas / Cod with cream

Bacalhau com natas

Bacalhau com natas

Encántame o bacallau…fritido, ao forno, à Bráz, en tortilla…pero sen dúbida, unha das miñas receitas favoritas é o Bacalhau com natas. Probei esta saborosa receita portuguesa nun restaurante de Compostela, e dende aquela, sempre que o vexo nunha carta, pídoo! Máis xa ía sendo hora de probar a facelo na casa, e a verdade é que non podo estar máis contenta co resultado, así que agardo que vos atrevades a facelo vós tamén. Imos aló! Continue reading

Piruletas de sabores / Pie pops

Piruletas de sabores

IMG_1543

O día que fixen a torta de amoras, sobroume unha pouca pasta brisa, así que tocoume discurrir que podía facer con ela! E así chegou esta idea!

Son moi sinxelas e rápidas de facer, e ademáis é unha receita ideal para facer con nenos. Encantaralles andar co cortapastas e untar chocolate na masa cos seus dediños, para despois, evidentemente, relamelos! 😛 E non vos digo nada cando toque comelas… desaparecerán nun plis!

Imos ver como se fan!

Continue reading

Torta de amoras / Blackberry pie

Torta de amoras

IMG_1503

Que gusto dá poder ir polo campo cunha pequeña bolsiña apañando amoras, non si? É algo que sempre me apaixoou de pequena, e o certo é que tiña (e teño) certa predilección por apañalas nun lugar especial, en Corbillón (Cambados). Dende que cada verán, visitabamos uns amigos neste lugar, a miña actividade favorita era ir coller amoras despois de comer. E este ano, non foi menos. Continue reading