Falafel ao curry

Despois dun primeiro intento un tanto fallido, comecei unha busca intensiva de receitas de falafel para poder discurrir unha que fose sinxela, saborosa e efectiva. E durante esa investigación, decateime do fallo inicial da miña receita, que era, nada máis e nada menos, que cocer os garavanzos. Como? Que non se cocen os garavanzos? Sí, iso mesmo pensei eu. Pero o certo é que na receita orixinal os garavanzos non se cocen, só se poñen a remollo. E funciona, si,si, e tanto que funciona! Imos aló!
Continue reading “Falafel ao curry caseiro / Home-made Curry Falafel” →