Croquetas de luras / Squid croquettes

Croquetas de luras na súa tinta

luras

Xa hai tempo que probei estas croquetas nun restaurante e tiña gana de probar a facelas na casa. Non me quedaron tan escuras porque só empreguei a tinta das luras, se queredes que queden máis negras, só tedes que mercar algunha bolsa de tinta extra. O sabor é incrible, a tinta dálles un toque a mar saborosísimo 😀 Imos aló! Continue reading “Croquetas de luras / Squid croquettes”

Croquetas de queixo azul e millo / Blue cheese croquettes

Croquetas de queixo azul e millo

croquetas de queixo

Estas croquetas de queixo azul están boísimas! E non só porque o queixo estea de medo, senón porque para empanalas, empregamos unha mestura de millo salgado picado e pan relado. O resultado son unhas croquetas extra crocantes por fóra e moi suaves e cremoseiras por dentro. Unha receita ben doada e rápida, mais que campará moito e ben nas nosas mesas. Imos aló! Continue reading “Croquetas de queixo azul e millo / Blue cheese croquettes”

Cadradiños de carne e chourizo / Chorizo and meat squares

Cadradiños de carne e chourizo

Portada Cadradiños

Ás veces, cando nos sobra carne, non sabemos moi ben que facer con ela, e o primeiro que se nos ocorre son…as croquetas! Se as facedes cadradas, coma neste caso, aínda vos levará menos tempo facelas, pois non teredes que andar empregando tempo en darlle a forma redonda. Imos aló! Continue reading “Cadradiños de carne e chourizo / Chorizo and meat squares”

Boliñas de trompetas amarelas / Cantharellus croquettes

Boliñas de trompetas amarelas

cantharellus

Os que me seguides por facebook ou twitter, xa vistes a fermosa cesta de Trompetas amarelas (ou gulas de monte). A mellor maneira de conservar estes cogomelos é deshidratándoos, e así podemos usalos nas nosas receitas todo o ano. Desta vez, probei a facelos en croquetas, e a verdade é que están moi bos. Iso sí, fritos cun chisco de aceite e sal xa están de vicio! 🙂 Imos aló! Continue reading “Boliñas de trompetas amarelas / Cantharellus croquettes”

Croquetas de verduriñas / Veggies croquettes

Croquetas de verduriñas

Croquettes

En principio non pensara poñer esta receita no blogue porque non sabía como ía quedar, pero visto o seu excelente sabor e o éxito que tivo nas redes sociais, aqui está! É unha receita moi sinxela e gustará a todos aqueles aos que vos gusten as verduriñas. Imos aló! Continue reading “Croquetas de verduriñas / Veggies croquettes”

Boliñas de botelo e San Simón / Botelo and San Simon croquettes

Boliñas de botelo e San Simón

image

Desta vez, unha receita de Entroido salgada, que de larpeiradas xa imos ben servidos coas filloas e a Bica! 🙂 Para todos aos que vos guste o botelo ou que devecedes polas croquetas de cocido, de seguro que estas vos encantan! Teñen un sabor intenso a botelo e suave a queixo San Simón…boísimas! Imos ver como se fan! Continue reading “Boliñas de botelo e San Simón / Botelo and San Simon croquettes”