Crema de cabaza e lentellas / Lentils and pumpkin soup

Crema de cabaza e lentellas

Hai mesturas que unha nunca pensaría que quedarían ben. E xa vos adianto que esta é unha delas. O que pasa é que cando es unha lambona, fas que a xente do teu redor sempre estea atenta por se pode coller ideas para o blogue. Así foi como esta idea chegou a min. Falando de receitas de outono-inverno para quentar o corpo, un compañeiro de traballo do meu fotógrafo dixo que el lle botaba lentellas á crema de cabaza. Lentellas??? pensei eu. Siii, lentellas. E ademais, seica lle quedan moi ben. Probaremos, pois! E despois de probar esta crema de cabaza e lentellas, repetirei seguro! Xa vedes que a presentación quedou ben chula. Ao final da receita, xa vos direi como papar esta crema para degustala como é debido! Imos aló!

Ingredientes:

– 100 gramos de lentellas (pesadas crúas)
– 200 gramos de cabaza
– 3 patacas
– sal, pementa, xenxibre, sementes de sésamo…

Preparación paso a paso:

1. Importante! Recordade deixar as lentellas a remollo do día anterior ou ben (se hai apuro) mercar un bote delas xa cocidas. Se as mercamos crúas, cocémolas ata que estean brandiñas. Salgamos.

2. Cocemos tamén a cabaza xunto coas patacas.

3. Batemos as lentellas cun chisco de auga de cocer (iremos engadindo auga segundo nos faga falta) e engadimos tamén 1 ou media pataca.

4. Batemos o resto das patacas coa cabaza (ben escorrido, pois a cabaza xa bota moita auga). Probanos de sal, por se acaso.

5. Nun prato, botamos a crema de cabaza por unha beira e a de lentellas pola outra. Eu sempre lle boto pementa, xenxibre en po e sementes de sésamo, mais iso xa a gustos! E listo!

Que sinxelo, verdade? Temos tres maneiras de papar esta crema, ou ben tomar unha e despois a outra, mesturar todo e para dentro o ir coa culler collendo un pouco dunha un pouco doutra. Eu, sen dúbida, recomendaría ir collendo un chisco das dúas. Con esta presentación é do máis simple, e xa veredes que boa está e que ben quedan estas dúas cremas xuntas!!! É un pracer para os sentidos e unha crema perfecta para estes días de frío! Bo proveito!!!

____________________________________________________

Lentils and pumpkin soup

There are some combinations which you will never know how well they match until you try them. One of them is this soup. When you have a food blog and you’re some sort of a foodie, all the people around you are always on the lookout for new ideas or recipes. And this is how this recipe came to me. Talking about winter recipes which we want to have on hand when feeling freezing cold, a jobmate of my photographer told him that he used lentils to prepare the pumpkin soup. Lentils??? I said. Yes,and they taste reeeally good! Ok, let’s try then. Do you see how well it looks? I must confess it tastes even better! 🙂 Let’s go!

Ingredients:

– 100 gr brown Pardin lentils
– 200 gr pumkin
– 3 potatoes
– salt, pepper, ginger powder, sesame seeds…

Step by step preparation:

1. Important! Remember to soak lentils overnight. If you’re in a hurry you can use pre-cooked lentils. If you buy them raw, cook them until soft. Salt.

2. Cook pumpkin together with potatoes. Salt.

3. Beat lentils with some water we used to cook them and beat together with 1 or 1/2 potato. Add more water if needed.

4. Process pumpkin and potatoes (with no water, pumpkin will give it the right consistency).

5. In a plate, pour both creams on each side. I always add some pepper, ginger powder and sesame seeds, but you can use whatever you want. And that’s it!

Easy, right? We have three different ways of eating this soup, you can either eat your favourite first, mixing all and eating all at once, or take a bit of both flavours with every spoonful. My tip is that you eat some of both at a time! The combination in the mouth is supreme! And with this presentation is as easy as it looks like. This soup is a pleasure for all senses and perfect for this oh-so-cold days! Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.