Barriñas de queixo e nutella / Cheese and nutella bars

Barriñas de queixo e nutella

queixo nutella

Se hai dous ingredientes que quedan ben en lambonadas e que, ademais, gustan moito, son a crema de queixo e a nutella. As tortas de queixo son saborosísimas, e son das receitas máis vistas do blogue. E que dicir das larpeiradas que levan nutella, son éxito asegurado. É por iso que estas barriñas son a sobremesa perfecta para triunfar 🙂 O seu paso a paso é moi doado e rápido. A única pega é que hai que agardar un chisco antes de meterlles o dente; e deixalas repousar na neveira antes de probalas. Polo demais, son todo vantaxes. Iso si, ollo con elas, que son moi aditivas 🙂 Imos aló! Continue reading