Pementos recheos / Stuffed peppers

Pementos morróns recheos de couscous e verduriñas

pementos recheos

Despois de tanta lambonada, boa falta fai unha receita máis saudábel e lixeira, non si? Os pementos morróns están moi bos e o couscous con curry e verduriñas é unha desas receitas das que nunca cansas e farías unha e outra vez. E se o xuntamos todo…unha marabilla! Imos aló! Continue reading “Pementos recheos / Stuffed peppers”

Couscous ao curry / Curried couscous

Couscous ao curry

couscous

O mellor do couscous é que se fai nun momento e case todo o que se lle bota acaelle ben. Os ingredientes desta receita non son os de sempre, mais a combinación de todos eles é incrible, xa veredes! Imos aló! Continue reading “Couscous ao curry / Curried couscous”

Tomates recheos de couscous / Couscous stuffed tomatoes

Tomates recheos de couscous

tomates couscous

Unha receita saborosísima, rápida, doada, vexetariana e saudable. E ademáis, que boa pinta teñen estes tomatiños recheos!!! Xa dan ganas de meterlle o dente ata na foto, non si? Se sodes dos que vos gusta coidarvos e non complicarvos moito na cociña, esta receita é perfecta. Desta vez, faremos o couscous con verduriñas e cun chisco de curry. Unha delicia! Imos aló! Continue reading “Tomates recheos de couscous / Couscous stuffed tomatoes”

Couscous con verduras / Couscous with vegetables

image

Experimentando co couscous por primeira vez, decidín facer este prato con verduras de tempada. Un prato saudable, fácil, rápido e, coma sempre, digno de se relamer os dedos! Continue reading “Couscous con verduras / Couscous with vegetables”