Cottage Pie

Cottage Pie

Ata o de agora, cando ía de viaxe, sempre mercaba un marca-páxinas, e a verdade é que xa levo unha chea deles dende que comecei a colección, moitas veces grazas a amigos e familia que tamén me traen cando van de viaxe. Mais hai un tempo que tamén recibo e merco libros de cociña que falen sobre receitas típicas do sitio no que estou. Cando fun a Londres durante a Pascua, dei cun marabilloso libro que, ademais de ter unhas ilustracións moi fermosas, ten unhas receitas típicas inglesas con ingredientes naturais, da horta e da granxa, que son cos que eu máis gozo. O libro chámase: The Great British Farmhouse Cookbook e está escrito por Sarah Mayor. En canto o abrín, souben que a primeira receita que faría sería esta. A Cottage Pie ven sendo un prato moi sinxelo, basicamente carne e patacas, polo que se a materia prima é boa, o resultado ten que ser espectacular. Eu fixen a miña propia versión apta para vexetarianos, mais se sodes máis de carne, xa vos direi como facer a receita orixinal. Continue reading “Cottage Pie”

Torta de requeixo de As Neves / As Neves cottage cheesecake

Torta de requeixo de As Neves

requeixo As Neves

Levaba tempo e tempo atrás do requeixo de As Neves, así que en canto me fixen con él, ou máis ben, en canto mo trouxeron, (éche a sorte que ten ter xente que che axuda a facerte cos ingredientes), sabía que acabaría facendo unha torta de queixo. O requeixo está boísimo así según se merca, e se o acompañamos con mel, xa nin vos conto. Unha sobremesa perfecta, sen ter que pasar horas e horas na cociña. Mais as tortas de queixo son outra das miñas sobremesas favoritas, e non resistin a tentación de preparar unha con este marabilloso requeixo. Imos aló! Continue reading “Torta de requeixo de As Neves / As Neves cottage cheesecake”