Galletas da fortuna / Fortune cookies

Galletas da fortuna

Xa quedan moi poucos días para o Nadal. Unha época do ano na que aproveitamos para pasar tempo coa xente que máis queremos e nos quere. E tamén para desexarlles que pasen un ano novo cheo de cousas boas e de soños cumpridos. Pensando niso, pensei que sería marabilloso facer unhas galletas da fortuna para a Noiteboa ou para o día de Ano Vello e deixar unhas mensaxes de amor e cariño para tódolos comensais. Que vos parece a idea? Eu fixen unhas cantas en galego e en inglés e déixovos aquí o documento por se queredes coller algunha. Se o facedes, podedes poñer mensaxes máis persoais, de broma para botar unhas risas ou para dar unha nova importante: un casamento, un novo membro na familia, unha cea familiar… A que quedaría ben chulo? A verdade é que é unha receita moi sinxela e con tódolos kukiconsellos que vos deixo ha saír perfecta, xa veredes! Sen enredarvos máis, que teñades unhas MOI FELICES FESTAS, UN MOI BO NADAL CHEO DE FELICIDADE E UN ANO NOVO MOI LARPEIRO E CARGADO DE BOAS NOVAS E MOITOS SORRISOS! Continue reading “Galletas da fortuna / Fortune cookies”

Club Sandwich

Club Sandwich

club sandwich

Facer un sandwich cando un non sabe moi ben que preparar é todo un clásico. É un deses pratos para sair do apuro, que enchen ben o bandullo e saben de medo, para que negalo. O Club Sandwich é un deses sandwiches míticos de hai unha chea de anos, con ingredientes variados que combinados fan que este sandwich sexa uns dos máis saborosos que probei na miña vida! As posibles orixes desta receita son múltiples, mais o importante é que, fora quen fora a persoa que deu con esta receita, pode estar ben orgullosa. Abofé que si! Algúns dos ingredientes poden variar dependendo do sitio onde o preparen, mais os que aquí vos propoño danlle ao sanwich un sabor do melloriño que hai! Imos aló!!! Continue reading “Club Sandwich”

Turrón de té verde matcha / Matcha nougat

Turrón de té verde matcha

matcha nougat

A verdade, non sei se xa volo confesei antes algunha vez, non son moito dos turróns de sempre, polo que cada Nadal tócame discurrir algún con chocolate para poder deleitarme como toca nestas datas 😀 O meu amor polo té verde matcha xa o sabedes de sobra, así que este ano tocou xuntar as miñas dúas paixóns lambonas (entre moitas outras), o chocolate branco e o té verde matcha. Imos aló! Continue reading “Turrón de té verde matcha / Matcha nougat”

Homiños de xenxibre / Gingerbread men cookies

Homiños de xenxibre

gingerbread

O certo é que estas galletas con forma de homiños de xenxibre son unha das receitas máis populares e recoñecibles no mundo das receitas de Nadal, mais teño que recoñecer que nunca as probara. Non sabía como serían nin o seu sabor nin a súa textura. E agora que xa as probei, reprobei e requeteprobei, só podo dicir que están BOÍSIMAS!!! Que sabor! Un sabor a caramelo, xenxibre, especias…mmm…unha explosión de sabores no padal que de seguro fará que devezades por elas. Xa veredes! Imos aló! Continue reading “Homiños de xenxibre / Gingerbread men cookies”

Panna cotta de turrón / Turron panna cotta

Panna cotta de turrón

panna cotta turron

Cando chegan as paparotas do Nadal, o que menos precisamos é ter que empregar aínda máis tempo en preparar as lambonadas, por iso esta panna cotta de turrón é a sobremesa perfecta para noitevella! Leva un dos ingredientes máis típicos do Nadal, faise nun plis plas, pódese deixar feita do día anterior e está boííísima!!! E se non sodes de facer larpeiradas nesta época, sempre podedes facela para aproveitar ese turrón que acostuma a sobrar 😉 Imos aló! Continue reading “Panna cotta de turrón / Turron panna cotta”

Turrón de chocolate branco / White chocolate turron

Turrón de chocolate branco

turron chocolate

Os que ledes o blogue, xa sabedes da miña devoción polo chocolate branco. Encántame! En canto fixen o turrón de chocolate caseiro, sabía que máis tarde ou máis cedo, caería unha receita de turrón de chocolate branco. De novo, unha receita moi rápida e sinxela. Desta vez, ademáis do arroz inflado, engadinlle tamén uns pistachos. E se vos gustan, podedes engadirlle lacasitos, M&Ms, galletas ou outros froitos secos. Imos aló! Continue reading “Turrón de chocolate branco / White chocolate turron”