Chop Suey

Chop Suey

chop suey

O Chop Suey ven sendo, literamente, anaquiños mesturados, polo que é un prato no que empregamos distintas verduras e carne (seitán -como neste caso- ou tofu) cortadas en tiriñas. O bo desta receita é que non empregaremos nada de aceite e faremos tanto as verduras como a carne con só prebe de soia. Así, quedarán máis suaves, tenras e cheas de sabor. Podedes empregar as verduras que máis vos gusten ou a carne que prefirades. Tamén é unha moi boa opción para cando temos carne ou verduras que nos sobraron doutras receitas. Imos aló!

Ingredientes:

– 1/2 pemento vermello
– 1/2 pemento verde
– 1/2 pemento amarelo
– 1 cebola
– 1 cenoria
– 200 gramos de seitán (carne ou tofu)

Preparación paso a paso:

1. Cortamos tódalas verduras e o seitán en tiriñas.

2. Nunha tixola, botamos as verduras, un bo chorriño de prebe de soia e deixamos que se vaia facendo todo a lume lento.

3. Cando xa estean case case a puntiño, botamos o seitán, outro pouco prebe e deixamos que se faga todo ben.

chop suey

4. En canto estea todo rico rico, poñémolo nun prato ou nun bol e esparexemos sementes de sésamo. E listo!

Se vemos que precisa máis prebe de soia mentres se vai facendo, irémosllo engadindo ao gusto. Iso si, non fará falta que lle botedes sal, pois o prebe xa é salgado abondo. A receita é ben sinxela e, ademais, como xa vos comentei, pódense empregar unha chea de verduras, aproveitando, coma sempre, as que estean de tempada, pois son as que estarán no seu punto ótimo! Ñam! Bo proveito!!!

_____________________________________________

Chop Suey

chop suey

Chop Suey literally means “assorted pieces”, and we just need some veggies and meat (seitan or tofu) to prepare this delicious dish. The best thing about it is that it’s a super healthy recipe because we won’t be using any oil at all, we will just be using some soy sauce. Thus, they will be extra soft and veeery delicious! You can use your own favourite veggies and make your own personal and yummy combinations. You can as well use veggies or meat left from other recipes. Let’s go!

Ingredients:

– 1/2 red bell pepper
– 1/2 green bell pepper
– 1/2 yellow bell pepper
– 1 onion
– 1 carrot
– 200 gr seitan (meat or tofu)

Step by step preparation:

1. Cut all veggies and seitan into stripes.

2. In a frying pan, sautee veggies with some soy sauce and let them cook at a low-medium heat.

3. When almost ready, add seitan and allow to cook for some minutes with more sauce.

chop suey

4. As soon as it looks delicious as it is, serve it in a bowl and spread some sesame seeds. And that’s it!

Try veggies and meat while cooking to check if you need some more sauce. Remember soy sauce is very salty, so you won’t need to add extra salt. This recipe is very simple, and, as I have already told you, you can use any veggies on season, they’ll be more nutritious and tastier! Yum yum yum! Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.