Peanut butter cups

Peanut butter cups

peanut butter cups

Xa oíra falar destas cunquiñas de chocolate e crema de cacahuete dende hai ben tempo, mais non tivera a oportunidade de probalas porque aquí non che son nada doadas de atopar. Mais este ano, agora que xa comezou o calor, mercamos un xeado de Ben&Jerry’s que era precisamente deste sabor e que, ademais, levaba anacos máis que xenerosos destas cunquiñas. Miña nai querida! Que sabor!!! Quedei namoradiña do sabor e do ben que combinan ámbolos dous ingredientes! Agora xa non había máis excusas, polo que xa era momento de poñerse coas mans na masa. Imos aló! Continue reading “Peanut butter cups”

Globos de chocolate / Chocolate balloons

Globos de chocolate

chocolate balloons

Hai uns días, navegando pola rede, vin estas cuncas de chocolate que se facían mollando globos en chocolate desfeito e pensei: “este esperiemento teño que probalo si ou si!” O certo é que non é moi sinxelo, mais o resultado é moi chulo. Para engadirlle un toque persoal, decidín facelas con dous chocolates e así facer unhas cuncas cun sabor semellante ao dos ovos kinder, con chocolate branco por dentro e negro por fora. E si, parécese e están boísimas. O recheo pode variar moito, eu escollín amorodos con nata para darlle un toque vermello para o día dos namorados, mais calquera cousiña que vos guste ha quedar ben. Imos aló! Continue reading “Globos de chocolate / Chocolate balloons”

Cheesecake de nutella / Nutella cheesecake

Cheesecake de nutella

nutella cheesecake

Hoxe tráiovos unha receita ben perigosa, e dígoo con moito coñecemento de causa, porque resulta case imposible non probala unha, dúas, ou dez veces mentres se prepara. Está boísima!!! Unha torta de queixo con sabor a nutella que se fai en 10 minutos e é puro vicio! Iso si, saudábel xa vos digo que non o é, mais ás veces ben paga a pena facer o esforzo e probar estas delicias tan saborosas. Así que se sodes seareiras das tortas de queixo, da nutella ou das oreo, esta é a vosa sobremesa perfecta. Non enredo máis e imos aló! Continue reading “Cheesecake de nutella / Nutella cheesecake”

Turrón de té verde matcha / Matcha nougat

Turrón de té verde matcha

matcha nougat

A verdade, non sei se xa volo confesei antes algunha vez, non son moito dos turróns de sempre, polo que cada Nadal tócame discurrir algún con chocolate para poder deleitarme como toca nestas datas 😀 O meu amor polo té verde matcha xa o sabedes de sobra, así que este ano tocou xuntar as miñas dúas paixóns lambonas (entre moitas outras), o chocolate branco e o té verde matcha. Imos aló! Continue reading “Turrón de té verde matcha / Matcha nougat”

Barriñas de choco e cacahuete / Peanut and chocolate bars

Barriñas de chocolate e crema de cacahuete

bars

O prometido é debeda, e como vos dixen a semana pasada, hoxe tocaba unha sobremesa coa crema de cacahuete caseira que xa fixemos. É unha receita desas que a min me gustan tanto, rápida, sinxela e moooi lambona! Con dicirvos que os ingredientes principais son a crema de cacahuete e o chocolate, xa vos digo todo, non? 😀 Estas barriñas están moi ricas, e aínda que para tomar con moderación, ao levar chocolate negro e a crema de cacahuete caseira, non é tan pouco saudábel 😉 Imos aló! Continue reading “Barriñas de choco e cacahuete / Peanut and chocolate bars”

Galletas con pegada / Thumbprint cookies

Galletas con pegada

thumbprint

Aviso a todas e todos (e quen avisa, xa sabedes…)!!! Estas galletas son aditivas! E non é por iso que se chaman con pegada, senón porque empregaremos a pegada do noso dedo gordo ou matapiollos, mais tamén se poderían chamar así porque de verdade que deixan pegada! Un sabor intenso a chocolate, unha textura coma a do brownie e, por se isto xa fora pouco, cun recheo de chocolate branco e con leite que…mmmm…puro vicio chocolateiro! De feito, estou escribindo a receita con eles ao meu carón e ven un arrecendo…creo que vou coller unha 😉 Imos aló! Continue reading “Galletas con pegada / Thumbprint cookies”