Biscoito de té verde matcha / Matcha sponge cake

Biscoito de té verde matcha

Hai que ver o que me gustan os biscoitos! Recoñezo que niso son bastante tradicional, e un anaco de biscoito para papar no almorzo é un deses grandes pequenos praceres da vida. Xa son unhas cantas as receitas de biscoitos do blogue e a verdade é que a vós tamén semella que vos gustan abondo, non si? Se xa sodes algo seareiras e seareiros das receitas deste blogue, saberedes que o té verde matcha é tamén un ingrediente moi presente, e xa tardaba facer con el un biscoito larpeiro para aledar as mañás. E se lle engadimos un toque de chocolate branco, xa todo mellora aínda máis! Imos aló! Continue reading “Biscoito de té verde matcha / Matcha sponge cake”

Magdalenas XXL / XXL muffins

Magdalenas XXL

Xa había tempo que non tocaba unha receita de magdalenas, non si? A min é unha lambonada que me gusta moito! Son xeitosas para poder levalas ao traballo, ao recreo, para merendar, para almorzar, de sobremesa…e se son caseiras coma estas, sempre moito mellor! Non sei se a vós vos pasou algunha vez, mais a min seeempre me pasaba. Cando ía a algunha cafetería, pastelaría, e pedía unha magdalena, pensaba: e por que a min non me sairá así de gordiñas e altas? Primeiro comecei por mercar uns moldes iguais, e despois a facer probas, probas e probas ata dar coa receita definitiva! E aquí está!!! Coma sempre, pódense variar ingredientes para darlles distintos sabores, ou recheos. Imos aló! Continue reading “Magdalenas XXL / XXL muffins”

Bicos de chocolate / Chocolate kisses

Bicos de chocolate

Tódolos anos que chega o Día dos Namorados escribo o mesmo, mais desta vez non vou dicir o de sempre, non vou dicir que o día dos namorados debía ser tódolos días, que non hai que mercar algo porque toca e punto…mais si que direi que calquera desculpa vale para preparar lambonadas, e, se pode ser en parella, mellor! Que vos parece? Estes bicos de chocolate son moi sinxelos de facer e as combinacións son infinitas. Só hai que gardar un minutiños do día para cociñar xuntos e cociñar bicos de chocolate e bicos de amor. Imos aló! Continue reading “Bicos de chocolate / Chocolate kisses”

Napolitanas de chocolate / Pain au chocolat

Napolitanas de chocolate: receita rápida

napolitanas

Unha receita moi larpeira e ben rápida. Nuns 15 minutiños, teredes listas para meterlles o dente unhas saborosas napolitanas recheas de chocolate branco, negro, con leite…ou dos dous! E para iso, só precisamos 4 ingredientes. Imos aló! Continue reading “Napolitanas de chocolate / Pain au chocolat”

Turrón de chocolate branco / White chocolate turron

Turrón de chocolate branco

turron chocolate

Os que ledes o blogue, xa sabedes da miña devoción polo chocolate branco. Encántame! En canto fixen o turrón de chocolate caseiro, sabía que máis tarde ou máis cedo, caería unha receita de turrón de chocolate branco. De novo, unha receita moi rápida e sinxela. Desta vez, ademáis do arroz inflado, engadinlle tamén uns pistachos. E se vos gustan, podedes engadirlle lacasitos, M&Ms, galletas ou outros froitos secos. Imos aló! Continue reading “Turrón de chocolate branco / White chocolate turron”

Panna cotta con kiwi / Panna cotta with kiwi

Panna cotta con kiwi

Panna cotta kiwi

Que ganas tiña de facer panna cotta!!! E máis así, con chocolate branco e kiwi 🙂 É unha lambetada moi saborosa e que se pode facer nuns sinxelos e rápidos pasos. E a combinación kiwi e chocolate branco, mmm, para repetir e repetir. Imos aló! Continue reading “Panna cotta con kiwi / Panna cotta with kiwi”