Vasos de iogur e cereixas / Cherry and yoghurt parfait

Vasos de iogur e cereixas

yoghurt cherry

Chegou a calor e chegou con ganas! E cando ven, devecemos por pratos e sobremesas fresquiñas. Estes vasiños son do máis sinxeliño que hai. Con só uns poucos ingredientes frescos e naturais, teremos unha sobremesa ou un almorzo de 10. Estes vasos, ademais, son moi saudábeis e, para facelos, non precisaremos nadiña de azucre. A única lambonada son esas dúas cereixas recheas que vedes na imaxe. Recheas? Sisi, están recheas! Non agardes máis e bótalle un ollo á receita, xa verás que divertida e saborosa! Imos aló! Continue reading “Vasos de iogur e cereixas / Cherry and yoghurt parfait”

Magdalenas de cereixa / Cherry muffins

Magdalenas de cereixa

madalenas de cereixa

Con isto da repostaría moderna, ás veces mesmo esquecemos esas lambonadas de sempre que nos sentan de marabilla e que con ingredientes ben sinxelos, saben de medo. Adoro as magdalenas, son moi feitiñas e ademais pódense facer de milleiros de sabores, con froitas, con chocolate, de froitos secos…ás magdalenas todo lles presta! E a nós préstanos moito papalas, non si? A idea inicial era facelas con arandos, mais vendo que xa comezan a asomar as primeiras cereixas, pensei que sempre é moito mellor empregar produtos de tempada, e o certo é que o resultado non pode ser mellor. Imos aló! Continue reading “Magdalenas de cereixa / Cherry muffins”

Espagueti con tomatiños, mozzarella e lagostinos / Spaghetti with cherry tomatoes, mozzarella and shrimps

Espagueti con tomatiños, mozzarella e lagostinos

Spaghetti cherry

Unha receita de pasta moi rápida, sinxela e saudable. Con só 3 ingredientes básicos, teredes un prato de espagueti moi sabedeiro. Se vos gustou a receita de Espagueti á carbonara, apuntade esta porque tamén vos encantará! 🙂 Podedes cambiar os cherry por tomates grandes ou engadir alfábega fresca. Imos aló! Continue reading “Espagueti con tomatiños, mozzarella e lagostinos / Spaghetti with cherry tomatoes, mozzarella and shrimps”

Mini pizzas

Mini pizzas

Mini pizzas

Isto de ter masa de pizza caseira sempre dispoñible é un perigo! Así que desta vez, probei a facer unhas mini pizzas. A idea gústame para unha cea entre amigos, na que queres facer pizzas de varios sabores, ou para aquelas persoas que tendes que levar comida ao traballo. Imos ver como se fan, veredes que sinxelo! Continue reading “Mini pizzas”

Torta de cereixas / Cherry cake

Torta de cereixas

Torta de cereixas

Que vicio son as cereixas! Frescas, doces e case adictivas…ponse un a comer nelas e non dá parado. Esta torta é moi sinxela, o máis complicado é ter que sacarlle o óso ás cereixas, pero paga ben a pena por meterlle o dente a esta torta tan boa! Como o molde que usei era bastante grande, quedoume unha torta estreita, pero se tendes un máis pequeno, quedaravos máis altiña. Imos aló! Continue reading “Torta de cereixas / Cherry cake”