Flores de cabaciña con bechamel de champiñóns / Zucchini flowers with mushrooms bechamel

Flores de cabaciña con bechamel de champiñóns

Se nunca volo dixen, xa tardaba, mais un dos grandes praceres da vida para min é ir á horta e observar. Si, xa sei que tamén hai que traballar, que tamén, mais gústame moito dar un paseo arredor dos produtos e pensar algunha receita que facer con eles segundo os estou vendo. Non me dá xeito collelos, traelos para a casa, e despois pensar, máis que nada porque moitas veces, acaban pola cociña sen saber moi ben que facer con eles. Gústame observalos no seu estado natural e deixarme inspirar polas súas formas e cores. E onte, estando na horta, vin o fermosas que estaban as flores das cabaciñas e tíveno claro, algo tiña que facer con elas. É moi importante que cando as collades, a cabaciña xa teña un tamaño xeitoso, e así non impediremos o seu crecemento aínda que lle roubemos a flor. Da outra vez, fíxenas con xamón e queixo, mais tiña gana de facelas con algo máis cremoso para contrastar coa textura crocante que lles queda ao fritilas. Así, as puntas quedan moi crocantes e segundo imos mordendo, vanse volvendo moi cremosas e aínda máis sabedeiras. Para min é un pracer cociñar con estes produtos, e é unha das actividades que maior satisfacción me dan. E sen máis historias, imos aló! Continue reading “Flores de cabaciña con bechamel de champiñóns / Zucchini flowers with mushrooms bechamel”

Champiñóns recheos / Stuffed mushrooms

Champiñóns recheos

champiñóns

Hai receitas que quedan ben, saben ben, son sinxelas, rápidas e, por se fora pouco, saudábeis. E estes champiñóns recheos son unha delas. Ademais, son o petisco perfecto para cando temos convidados, cómense dunha trabada e, ao facerse ao forno, sempre están quentiños e no seu punto. Os recheos poden variar moito, mais desta vez quixen facer unha versión con verduriñas, mozzarella relada e xamón serrano, que sempre casa moi ben cos champiñóns. O xamón serrano farémolo ao forno para que quede ben crocante e moi sabedeiro, xa veredes. Imos aló! Continue reading “Champiñóns recheos / Stuffed mushrooms”

Crema de champiñóns / Mushrooms soup

Crema de champiñóns

crema champis

Con este frío o que máis nos apetece son sopas, cremas, cocido, caldo, filloas…mmm! Ás veces dá gusto que veña o frío 😀 E como da crema de cabaciña, da de cabaciña e mazá e da de cabaciño xa vos puxera a receita, decidín probar cos champiñóns, a ver como resultaba. A textura é diferente, porque queda con máis gromos, pero o sabor é moi agradable, intenso e delicioso. Imos aló! Continue reading “Crema de champiñóns / Mushrooms soup”

Arroz cremoso de champis e gambas / Shrimp and mushroom risotto

Arroz cremoso de champis e gambas

image

Poderiamos dicir que esta é unha receita de arroz cremoso de baixo custo, pero non no sabor, só no prezo. Para facelo, emperegaremos champis de lata e gambas conxeladas, iso sí, o arroz, que sexa arbório, para que nos quede ben cremosiño. Imos aló!

Continue reading “Arroz cremoso de champis e gambas / Shrimp and mushroom risotto”