Castagnole

Castagnole

castagnole

Despois de facer varias receitas do Entroido galego, xa tiña gana de probar algunha receita máis internacional; e remexendo pola rede descubrín estas pequenas boliñas, que veñen sendo coma as nosas rosquillas, mais en boliñas pequechas. Como supoño que se deduce polo nome, as castagnole son típicas do Entroido en Italia, e están boísimas!!! Na receita orixinal, emprégase reladura de limón, mais como eu son máis de laranxa, mudei de froita, mais vós ao voso gusto! E o mellor de todo é que se fan nun plis, mesturar ingredientes, fritir e xa está. Como nos gusta o Entroido, non si? Imos aló! Continue reading “Castagnole”