Macarróns gratinados / Macaroni au gratin

Macarróns gratinados

Hai días nos que apetecen macarróns, ou polo menos iso me pasa a min. Recoñezo que son bastante de antollos con isto da comida e hai pouco andaba eu pola rúa e veu un aroma a macarróns gratinados que… bufff, non me puiden resistir a preparalos na casa! É unha receita sinxela que a maioría de nós xa preparamos algunha que outra vez, sobre todo, se temos cativada pola casa. De cando en cando xa toca facer algún prato que non é tan saudábel, mais que si nos trae recordos de cando eramos pequenos e nos facían estes pratos tan divertidos e saborosos 😉 Imos aló! Continue reading “Macarróns gratinados / Macaroni au gratin”

Trufas de cenoria da India / Indian carrot truffles

Trufas de cenoria da India (Gajar ki burfi)

gajar ki burfi

Dende que fun á Illa Mauricio, hai xa uns cantos anos, sempre tiña na cachola a idea de facer unha sobremesa que probamos alí. Aínda que é unha das illas máis multiculturais do Índico, a poboación hindú é maioritaria e, como non ía ser menos, aproveitamos para probar a súa gastronomía. Cando probamos esta lambetada (o seu nome orixinal é gajar ki burfi ou gajar ka halwa), aínda sabendo que era de cenoria, alucinamos!!! Vaia sabor! Non sabía se me sabía a nata, a leite condensado, a crema de queixo, a chocolate branco…e con ese toque a cardamomo, mmm! Que riiico!!! Así que preparade esas cenorias da horta, que non sempre as imos empregar para pratos salgados, que nas lambonadas tamén quedan de 10! 😀 Imos aló! Continue reading “Trufas de cenoria da India / Indian carrot truffles”

Torta de cenoria / Carrot cake

Torta de cenoria

Carrot cake

Unha desas tortas pola que devecen mesmo aqueles aos que non lles vai moito a cenoria. De ingredientes sinxelos e preparación rápida, o único problema que ten é que hai que agardar un chisco a que se faga, e non vos imaxinades o cheiriño que sae pola porta do forno, mmm, da gana de meterlle o dente antes de tempo. Non vos asustedes ao ver tantos ingredientes, son todos ben doados de atopar e serviranvos para moitas outras receitas. Imos ver como facer esta saborosa e clásica torta. Continue reading “Torta de cenoria / Carrot cake”

Croquetas de verduriñas / Veggies croquettes

Croquetas de verduriñas

Croquettes

En principio non pensara poñer esta receita no blogue porque non sabía como ía quedar, pero visto o seu excelente sabor e o éxito que tivo nas redes sociais, aqui está! É unha receita moi sinxela e gustará a todos aqueles aos que vos gusten as verduriñas. Imos aló! Continue reading “Croquetas de verduriñas / Veggies croquettes”