Quinta Etapa / Fifth Stage: Gares / Puente la Reina

Quinta Etapa: Gares / Puente la Reina

Despois de pasar pola capital e degustar eses marabillosos txantxigorris, chegamos a Gares, tamén coñecida como Puente la Reina. Nesta localidade, celebran cada ano entre os meses de setembro a decembro o Mercado do Pemento. Neste mercado, podemos ver non só diferentes variedades de pementos, senón tamén outros tantos produtos típicos desta zona, como son as fabas, patacas ou melóns. Iso si, se hai un pemento que asociamos a Nafarroa, ese é o pemento do piquillo, non si? Hai que dicir que o pemento que ten a denominación de orixe protexida é o de Lodosa. A forma deste pemento é triangular e acostuma a venderse enlatado e previamente cociñado, listo para degustar! Unha vez asado, a maneira máis popular de comelo é recheo. E como a min me gustan tanto os cogomelos, pois tíveno claro dende o principio! PEMENTOS DO PIQUILLO RECHEOS DE COGOMELOS. É unha receita moi saudábel, que alimenta moito e ben e que, ademais, faise moi rápida e campa que non vexas. Teno todo, vaia! E estes pementos teñen un sabor espectacular! Imos aló! Continue reading “Quinta Etapa / Fifth Stage: Gares / Puente la Reina”

Cuarta Etapa / Fourth Stage: Iruña / Pamplona

Cuarta Etapa: Iruña / Pamplona

Seguimos paso a paso e trabada a trabada polo noso Camiño cara a Compostela e, despois de degustar esa txistorra tan saborosa de Zubiri, paramos en Iruña, capital de Nafarroa. A gastronomía xoga un papel moi importante en toda Navarra e, como ben sabedes, en Pamplona iso non queda atrás. Cando fun alí por primeira vez, unha das lambetadas que máis me fascinou e que me parece unha combinación moi curiosa e, ao mesmo tempo, moi acertada, foron os TXANTXIGORRIS, un doce feito, como o seu nome ben indica, con txantxigorris, que non deixan de ser torresmos. E si, levan torresmos e levan canela e o seu sabor é doutro mundo! Estas tortas de txantxigorris acostuman a prepararse, como é evidente, durante a mata do porco que é cando os torresmos están máis frescos. Para facer os txantxigorris, inspireime na receita de Eva Arguiñano e o resultado gustoume moito. O mellor é ir a Iruña e probalos así, mais se podemos ir preparándoos na casa, polo menos matamos o antollo, non é? Imos aló! Continue reading “Cuarta Etapa / Fourth Stage: Iruña / Pamplona”

Segunda Etapa / Second Stage: Orreaga / Roncesvalles

Segunda Etapa: Orreaga / Roncesvalles

Despois da primeira etapa en Sant Jean Pied de Port, entramos en territorio navarro por Roncesvalles (en Euskara: Orreaga). Aquí, degustaremos un produto típico desta zona: os cogomelos de primavera, coñecidos como perretxikos. Este cogomelo é carnoso e ten un aroma que recorda ao da fariña acabada de moer. Tamén coñecido como cogomelo de San Xurxo, este cogomelo comeza a aparecer nos prados durante a primavera, de aí o seu nome. Dos perretxikos dise que unha vez que se ven, xa non medran, de aí que saber onde coller estes cogomelos sexa un segredo ben gardado. Unha das receitas máis sinxelas e saborosas e que ademais saca o mellor destes cogomelos, é o REVOLTO DE PERRETXIKOS. O mellor de todo sería ter a posibilidade de ir buscalos ou cazalos, mais non sendo época ou non tendo a oportunidade, sempre os podedes mercar deshidratados, como fixen eu. E o certo é que están tan bos así, que non me imaxino como deben saber acabados de coller! Imos aló! Continue reading “Segunda Etapa / Second Stage: Orreaga / Roncesvalles”

Primeira Etapa / First Stage: Sant Jean Pied de Port

Primeira Etapa: Sant Jean Pied de Port

Comezamos o Camiño de Santiago seguindo as etapas dun dos Camiños máis transitados para chegar a Compostela: O Camiño Francés. Esta primeira etapa comeza en Sant Jean Pied de Port. Esta vila forma parte do País Vasco francés e isto nótase tamén na súa gastronomía. Cando o cultivo de millo se fixo popular no País Vasco, a súa fariña empregábase para facer unhas tortas chamadas TALO que se comían a modo de pan para acompañar pratos como sopas ou queixos. O certo é que en moitas zonas rurais do País Vasco, o talo pasou a ser un alimento básico, especialmente para aquelas persoas que non se podían permitir un pan branco. Co paso do tempo e tendo en conta que a fariña milla foi perdendo presenza, o consumo do talo volveuse algo máis ocasional. A súa forma, textura, sabor e ingredientes recórdannos aos das tortillas típicas da gastronomía de países de América do Sur. O talo pode ir recheo de moitos ingredientes, sendo o máis habitual un bo anaco de chourizo ou txistorra. E aquí vos deixamos a receita. Continue reading “Primeira Etapa / First Stage: Sant Jean Pied de Port”

Gastro-Etapas do Camiño / Gastro-Stages of The Way

Gastro-Etapas do Camiño

Hai moitos xeitos de facer o Camiño de Santiago: a pé, na bicicleta, a cabalo… ou mesmo polo bandullo. Algunha vez te preguntaches cales son os produtos e pratos típicos da gastronomía daqueles lugares por onde pasa o Camiño? Pois non agardes máis, e descúbreo! Continue reading “Gastro-Etapas do Camiño / Gastro-Stages of The Way”