Biscoito de té verde matcha / Matcha sponge cake

Biscoito de té verde matcha

Hai que ver o que me gustan os biscoitos! Recoñezo que niso son bastante tradicional, e un anaco de biscoito para papar no almorzo é un deses grandes pequenos praceres da vida. Xa son unhas cantas as receitas de biscoitos do blogue e a verdade é que a vós tamén semella que vos gustan abondo, non si? Se xa sodes algo seareiras e seareiros das receitas deste blogue, saberedes que o té verde matcha é tamén un ingrediente moi presente, e xa tardaba facer con el un biscoito larpeiro para aledar as mañás. E se lle engadimos un toque de chocolate branco, xa todo mellora aínda máis! Imos aló! Continue reading

Torta de chocolate e crema de cacahuete / Peanut butter and chocolate cake

Torta de chocolate e crema de cacahuete (sen forno)

Seino, seino, tanta receita saudábel e despois fago estas receitas con esta pinta de ter uns cinco centos millóns de calorías. E si, non vou dicir que non as teña (non tantas, tampouco!) mais o certo é que sabe taaan ben!!! Dura moitos días na neveira porque non vai ao forno, non leva ovo e non leva ingredientes que se poñan pochos, polo que podedes ir con tino coméndoa e ir repartindo as calorías. A combinación chocolate-cacahuete é sublime! Iso si, só co chocolate e a galleta tampouco está nada mal. E sempre podedes facer distintas variacións e ir probando ata atopar a que máis vos guste. Esta combinación vímola nun vídeo destes que tanto se levan agora de receitas súper rápidas! Déixovos a ligazón despois dos ingredientes para que vexades como se fai. Imos aló! Continue reading

Biscoito de laranxa / Orange sponge cake

Biscoito de laranxa

biscoito de laranxa

Chegas de traballar, deixas as cousas onde podes, pos as zapatillas e cando estás chegando á cociña, asoma un arrecendo a laranxa que esperta tódolos sentidos lambóns (que son algo así como o sentido arácnido). Que pracer! E o mellor de todo é que desta vaime tocar só papalo e non ter que facelo 🙂 E en canto o probei pensei en vós. Este biscoito vai para o blogue! E aquí está. As cantidades e as medidas son da vella escola, nin gramos nin nada, vasos e culleradas. E que bos están os biscoitos así!!! Continue reading

Torta Red Velvet / Red Velvet cake

Torta Red Velvet

red velvet

Se hai unha torta que queda ben bonitiña e que campa un mogollón, esa é a Red Velvet. Esa cor vermella intensa e esa cremiña de queixo que está taaan boa fan que sexa unha das tortas preferidas de moita xente. Despois de poñervos a receita dos cupcakes de Red Velvet, imos agora con esta versión máis grande, unha torta de 3 pisos con recheo de crema de queixo e con crema de queixo por todas partes. Saborosísima!!! Non vos poño foto do corte porque esta torta será papada por outras lambonciñas e lambonciños, así que non lle poderei sacar a foto, mais xa vos imaxinades a pintaza que ten. Incrible! E o paso a paso, do máis sinxelo. Imos aló! Continue reading

Biscoito de améndoas / Almond sponge cake

Biscoito de améndoas

biscoito de améndoas

Ás veces (moitas, no meu caso) temos a boca doce e devecemos por algunha lambonada que nos saque o antollo. Para iso, aquí vos traio a receita perfecta: un biscoito de améndoas moi saudábel e perfecto para sacarnos o antollo. Só leva ovos, améndoas, mel e limón. Así, podemos gozar dunha larpeirada sen ter que facer unha torta con moito azucre ou moito chocolate. Para a próxima, probarei de facelo cun chisco de cacao, a ver como sae 😉 A textura é moi esponxosa e o sabor suave, húmido e ben doce. Non perdades esta receita de vista, pois hase convertir nunha das vosas favoritas. Imos aló! Continue reading

Torta real / Royal cake

Torta real

torta real

Torta real é o nome co que se lle chamaba antigamente á torta de améndoa que agora coñecemos como torta de Santiago. É unha torta moi sinxela con só 4 ingredientes, ou ben 3, se non lle botades un chisco de augardente, mais recoméndovolo moito, pois dálle un toque moi orixinal 🙂 Ademais, como non leva fariña de ningún tipo, é apta para celíacos. Imos aló! Continue reading