Biscoito de lima limón – Lime & lemon sponge cake

Biscoito de lima limón

Xa tardaba outra receita de biscoitos, non si? Este biscoito de lima limón xa o fixera na casa noutra ocasión, mais por cousas que pasan, acabei abrindo a porta do forno cando non tocaba, e o biscoito acabou afundido polo medio e non tiña moi boa pinta, a verdade. Iso si, o sabor era espectacular! Así que estaba claro que tocaba repetir! Gústame moito a textura que lle dan os iogures aos biscoitos e así podemos experimentar con diferentes sabores. E coa desculpa de mercar limas para facer o guacamole, agora case sempre anda algunha pola casa, así que xa estaba todo case feito. Imos aló! Continue reading “Biscoito de lima limón – Lime & lemon sponge cake”

Torta de cabaza e cabaciña / Pumpkin zucchini cake

Torta de cabaza e cabaciña

Se hai algo que me encanta é facer lambonadas con produtos da horta! Siii!!! 😀 E se xuntamos iso coas miñas ganas de experimentar, aínda resulta máis divertido! Aínda tiña pola casa unha cabaza do ano pasado e varias cabaciñas da colleita deste ano, así que pensei en facer unha torta con estes ingredientes. Xa probara a facer unha con cabaciña e o resultado foi espectacular, así que que podía saír mal? Pois todo! Xa sabedes que ás veces estes experimentos non saen como deberían, mais desta vez, todo foi estupendo! A torta ten un sabor e unha textura para relamber os dedos, e así con esas capas e o recheo de queixo…mmm…incrible!!! É unha das tortas máis sabedeiras que fixen nunca! Así que animádevos a divertirvos na cociña e xa veredes como o resultado fará que cada segundo empregado pague a pena! Imos aló! Continue reading “Torta de cabaza e cabaciña / Pumpkin zucchini cake”

Biscoito de pexegos / Peach cake

Biscoito de pexegos

Unha das cousas que máis me gusta do verán é ir á horta de meus pais e ver como as árbores están cheas de froitos: mazás, pexegos, ameixos, claudias, peras… É unha marabilla! Coller os froitos directamente da árbore e comelos é un deses tan esquecidos pequenos praceres da vida! Este ano, non sei se pola calor, o pexegueiro está a tope de pexegos que xa están no seu punto. E cando veñen tantos á vez, non se me ocorre outra cousa que facer unha larpeirada con eles, como non podía ser doutra maneira! Esta é ben sinxela e non se precisan moitos ingredientes. O resultado, xa o vedes, incrible! A pinta é boa, mais o sabor aínda é mellor! Imos aló! Continue reading “Biscoito de pexegos / Peach cake”

Biscoito de té verde matcha / Matcha sponge cake

Biscoito de té verde matcha

Hai que ver o que me gustan os biscoitos! Recoñezo que niso son bastante tradicional, e un anaco de biscoito para papar no almorzo é un deses grandes pequenos praceres da vida. Xa son unhas cantas as receitas de biscoitos do blogue e a verdade é que a vós tamén semella que vos gustan abondo, non si? Se xa sodes algo seareiras e seareiros das receitas deste blogue, saberedes que o té verde matcha é tamén un ingrediente moi presente, e xa tardaba facer con el un biscoito larpeiro para aledar as mañás. E se lle engadimos un toque de chocolate branco, xa todo mellora aínda máis! Imos aló! Continue reading “Biscoito de té verde matcha / Matcha sponge cake”

Torta de chocolate e crema de cacahuete / Peanut butter and chocolate cake

Torta de chocolate e crema de cacahuete (sen forno)

Seino, seino, tanta receita saudábel e despois fago estas receitas con esta pinta de ter uns cinco centos millóns de calorías. E si, non vou dicir que non as teña (non tantas, tampouco!) mais o certo é que sabe taaan ben!!! Dura moitos días na neveira porque non vai ao forno, non leva ovo e non leva ingredientes que se poñan pochos, polo que podedes ir con tino coméndoa e ir repartindo as calorías. A combinación chocolate-cacahuete é sublime! Iso si, só co chocolate e a galleta tampouco está nada mal. E sempre podedes facer distintas variacións e ir probando ata atopar a que máis vos guste. Esta combinación vímola nun vídeo destes que tanto se levan agora de receitas súper rápidas! Déixovos a ligazón despois dos ingredientes para que vexades como se fai. Imos aló! Continue reading “Torta de chocolate e crema de cacahuete / Peanut butter and chocolate cake”

Biscoito de laranxa / Orange sponge cake

Biscoito de laranxa

biscoito de laranxa

Chegas de traballar, deixas as cousas onde podes, pos as zapatillas e cando estás chegando á cociña, asoma un arrecendo a laranxa que esperta tódolos sentidos lambóns (que son algo así como o sentido arácnido). Que pracer! E o mellor de todo é que desta vaime tocar só papalo e non ter que facelo 🙂 E en canto o probei pensei en vós. Este biscoito vai para o blogue! E aquí está. As cantidades e as medidas son da vella escola, nin gramos nin nada, vasos e culleradas. E que bos están os biscoitos así!!! Continue reading “Biscoito de laranxa / Orange sponge cake”