Biscoito de chocolate e viño tinto / Red wine and chocolate cake

Biscoito de chocolate e viño tinto

Si, xa me imaxino que estaredes pensado, un biscoito con viño tinto? Pois si! A idea xurdiu un día destes que estás aburrida e non sabes moi ben que facer. A min eses días sempre me dan ganas de cociñar porque é algo que adoita levantarme o ánimo, e sempre ten unha saborosa e doce recompensa. Despois de botar unha ollada a ver o que tiña pola cociña, vin a botella de viño e pensei en facer algunha lambetada con el. Acordeime do boas que estaban as peras ao viño, así que outra lambonada con viño non podía fallar. Lendo varios artigos pola rede, vin que o viño tinto se pode empregar en doces para potenciar o sabor a chocolate. Rebusquei pola cociña e non tiña cacao puro, mais si que tiña paladín (que é que adoito usar para a torta da avoa), así que agora só quedaba mesturar ingredientes e agardar a que todo saíra ben. E se a receita está aquí é que o resultado foi moi bo, como poderedes intuír, así que non lle teñades medo a esta mestura que nos pode soar tan estraña porque o biscoito ten un sabor espectacular! Continue reading “Biscoito de chocolate e viño tinto / Red wine and chocolate cake”

Galletas de chocolate engurradas / Chocolate Crinkle Cookies

Galletas de chocolate engurradas

Hai lambetadas que están moi boas, aínda que non teñan moi boa pinta, e despois están estas galletas de chocolate engurradas, que son ben feitiñas e ademais están boísimas! O meu coas galletas é puro vicio, parécenme unha das mellores larpeiradas do mundo! Podemos levalas no peto para cando temos un antollo de algo doce ou facer un agasallo doce. Ademais, a cativada poderá botarnos unha man, que iso sempre está ben e de seguro que o pasan de marabilla! Imos aló! Continue reading “Galletas de chocolate engurradas / Chocolate Crinkle Cookies”

Galletas remuiñadas / Pinwheel cookies

Galletas remuiñadas

Hai galletas que saben moi ben, aínda que non teñan unha gran pinta, tamén as hai que teñen unha pinta estupenda, mais non as acompaña moito o sabor, e despois están estas galletas remuiñadas, que son ben feitas e moi saborosas! E, ademais, de dous sabores, de chocolate e de vainilla! E todo, na mesma galleta!!! Os ingredientes, moi sinxelos, e o paso a paso, aínda máis con estes truquiños que vos dou. Han quedar perfectas, xa veredes! Imos aló! Continue reading “Galletas remuiñadas / Pinwheel cookies”

Torta de chocolate de Alicia / Alice’s Chocolate tart

Torta de chocolate de Alicia


‘The Queen of Hearts
She made some tarts,
All on a summer day:
The Knave of Hearts,
he stole the tarts,
And took them quite away!’

IMG_1438

Amantes e adictos ao chocolate, estades preparados? Hoxe tráiovos unha receita especial para vos, así que se é o teu caso, non dubides en facer esta torta! O ‘Knave of Hearts’ non se puido resistir e roubounas, e vos? Ademáis, leva un ingrediente sorpresa para que quede super esponxosa! Continue reading “Torta de chocolate de Alicia / Alice’s Chocolate tart”