Torta de cabaza e cabaciña / Pumpkin zucchini cake

Torta de cabaza e cabaciña

Se hai algo que me encanta é facer lambonadas con produtos da horta! Siii!!! 😀 E se xuntamos iso coas miñas ganas de experimentar, aínda resulta máis divertido! Aínda tiña pola casa unha cabaza do ano pasado e varias cabaciñas da colleita deste ano, así que pensei en facer unha torta con estes ingredientes. Xa probara a facer unha con cabaciña e o resultado foi espectacular, así que que podía saír mal? Pois todo! Xa sabedes que ás veces estes experimentos non saen como deberían, mais desta vez, todo foi estupendo! A torta ten un sabor e unha textura para relamber os dedos, e así con esas capas e o recheo de queixo…mmm…incrible!!! É unha das tortas máis sabedeiras que fixen nunca! Así que animádevos a divertirvos na cociña e xa veredes como o resultado fará que cada segundo empregado pague a pena! Imos aló! Continue reading “Torta de cabaza e cabaciña / Pumpkin zucchini cake”

Cupcakes de Guinness con crema de Bailey’s / Guinness cupcakes with Bailey’s buttercream

Cupcakes de Guinness con crema de Bailey’s

image

Unha receita con ingredientes irlandeses para celebrar este día de San Patricio! Despois de facer a Torta de Guinness, tocaba facer outra receita irlandesa. Desta vez, engadindo tamén a saborosa crema Baileys! Se vos gusta esta crema e a cervexa Guinness, estes cupcakes encantaranvos, porque están deliciosos… (Prometo facer versión galega proximamente… ;)) Imos ver como se fan! Continue reading “Cupcakes de Guinness con crema de Bailey’s / Guinness cupcakes with Bailey’s buttercream”

Cupcakes de limón / Lemon cupcakes

Cupcakes de limón

image

Dende que me agasallaron co libro de postres da pastelaría Hummingbird Bakery, pasaba as páxinas día si día tamén para ver por cal ía comezar. A decisión xa vos digo que non era nada sinxela, porque me gustan todas, peeero…quen dixo que había que escoller unha soa? Así que nada, facemos unha e despois xa iremos facendo o resto, non si? 🙂 Continue reading “Cupcakes de limón / Lemon cupcakes”

Cupcakes: especial Samaín / Cupcakes: Halloween edition

Cupcakes: especial Samaín

image

Sigo experimentando coas magdalenas de vainilla! Debo recoñecer que, dende tempo atrás, tiña gana de probar a facer buttercream, e máis concretamente, buttercream de Oreo (sí, desas que din que son tan adictivas como a cocaína). E como estes días andamos con receitas de Samaín, aí van estes cupcakes especial para Samaín! Imos aló! Continue reading “Cupcakes: especial Samaín / Cupcakes: Halloween edition”