Espeto de sándwich / Sandwich skewers

Espeto de sándwich

Ás veces as receitas máis sinxelas son as máis sabedeiras. E isto poderíase aplicarse, e de que maneira, a estes espetos de sándwich. A versatilidade destes espetos de sándwich é infinita, e pode adaptarse a calquera gusto, pois o recheo pode variar segundo os ingredientes que máis vos gusten. O paso a paso non pode ser máis sinxelo e a presentación é caralluda, non si? Non me podedes negar que é unha moi boa maneira de presentar uns simples sándwiches e quedar de medo con pouco esforzo, que tamén cómpre de vez en cando. Eu déixovos aquí a miña versión, que estaba de relamber os dedos, mais de seguro que cun pouco máis de imaxinación, faredes auténticas marabillas. Imo aló! Continue reading

As 10 receitas máis vistas de 2017 / The top 10 recipes of 2017

As receitas máis vistas do 2017

Aquí estamos de novo en plenas festas de Nadal para seguir falando de lambonadas e como a este ano 2017 xa lle vai quedando pouco, facemos balance das receitas máis vistas para que as teñades todas xuntiñas. A verdade é que me alegra saber que vos gustan receitas de moitos tipos, sabores e con ingredientes moi diferentes, iso quere dicir que como galegas e galegos que somos, somos ben lambonas e lambóns, non si? Se aínda non vos animastes a preparar ningunha receita do blogue, botádelle un ollo a estas más vistas do 2017, que por algo están nesta listaxe! Comezamos coa receita que queda na posición número 10 Continue reading

Biscoito de plátano / Banana bread

Biscoito de plátano

Devezo polos biscoitos que levan froita. Xa sei que iso non os fai máis saudábeis, mais si que contribúen a que os biscoitos teñan unha textura máis suave e húmida e a que o sabor sexa máis intenso e, por suposto, afroitado. E a todos nos pasou algunha vez que temos uns plátanos no froiteiro que xa están maduros de máis, e que farían un biscoito coma este ben gostoso. E xa que imos papar unha lambonada, mellor que leve algo de froita, non? Aínda que en inglés se chame Banana bread, o certo é que é máis un biscoito que un pan 😉 Non vos asustedes por ver tantos ingredientes, son moi sinxeliños de topar e que sempre temos pola casa. Imos aló! Continue reading

Pa de Sant Jordi

Pa de Sant Jordi

Pa de Sant Jordi

Como ben sabedes, xa quedan poucos días para o día do libro. E, por certo! Se estades pensando en agasallar a alguén cun libro moi larpeiro, divertido, orixinal e cheo de receitas, non dubidedes en botarlle un ollo ao libro de As Lambonadas de Kukinhas! Un libro con receitas paso a paso, con imaxes e receitas para tódalas ocasións! 😀 O caso é que, ademais do día do libro, comeza a ser cada vez máis famosa a Diada de Sant Jordi, ou o día en que os homes agasallan ás mulleres cun libro, e elas a eles cunha rosa…ou era ao revés? 😉 O caso é que, como acostuma a ser xa habitual, estas festas veñen acompañadas dalgunha lambonada ou prato especial. O pan de Sant Jordi é un invento relativamente recente, mais co bo que está non é de estrañar que se convertira tan axiña nunha tradición. Ademais, dentro duns días, tamén aprenderemos a facer unhas comestibles e moooi sabedeiras rosas de Sant Jordi! Polo momento, imos co pan! Continue reading

Molete de pan integral / Whole wheat bread

Molete de pan integral

pan integral

Encántame facer pan! E mira que pensaba que a miña debilidade era facer lambonadas, pois resulta que cada vez que fago pan, quedo mirando cara o boliño de pan coma unha parva e non teño máis que ganas de meterlle o dente. Sigo probando e experimentado ata dar coa receita de pan perfecta. Desta vez, probei a facelo integral, e está moi saboroso!!! Imos aló! Continue reading