Boliños preñados caseiros / Home-made chorizo rolls

Boliños preñados caseiros

image

Da outra vez que fixen os boliños foi porque, aproveitando que fixen o pan, decidín meter un chouriciño en dous anacos do pan, pero tiña pendente dende aquela facer uns boliños preñados como teñen que ser! Para ser a primeira vez que experimento, estou máis que contenta co resultado. Con dicirvos que fixen 8, e no que pasaron unhas horas, só quedaban 3…xa vos digo todo! Así que se vos gustan os boliños preñados, collede papel e boli (ou móbil), apuntade os ingredientes e a poñerse mans á masa! Continue reading