Galletas de lavanda / Lavender biscuits

Galletas de lavanda

Se xa hai tempo que seguides este blogue, xa vos comentei máis dunha vez que unha das miñas paixóns que máis está ligada á gastronomía é mercar libros de cociña. Cando viaxo, sempre procuro ir na busca dunha libraría para poder botar un ollo aos libros ata topar un que me encha o ollo 🙂 Cústame decidirme, non vou dicir que non, sempre quero que teña receitas típicas (non as típicas receitas modernas de calquera libro), que estea escrito na lingua orixinal (sempre e cando non se me complique moito entendelo), que teña algo máis que non só receitas (historia, tradición, produtos típicos…) e, por último, e non menos importante, que sexa fermoso. Continue reading

Galletas de chocolate engurradas / Chocolate Crinkle Cookies

Galletas de chocolate engurradas

Hai lambetadas que están moi boas, aínda que non teñan moi boa pinta, e despois están estas galletas de chocolate engurradas, que son ben feitiñas e ademais están boísimas! O meu coas galletas é puro vicio, parécenme unha das mellores larpeiradas do mundo! Podemos levalas no peto para cando temos un antollo de algo doce ou facer un agasallo doce. Ademais, a cativada poderá botarnos unha man, que iso sempre está ben e de seguro que o pasan de marabilla! Imos aló! Continue reading

Galletas da fortuna / Fortune cookies

Galletas da fortuna

Xa quedan moi poucos días para o Nadal. Unha época do ano na que aproveitamos para pasar tempo coa xente que máis queremos e nos quere. E tamén para desexarlles que pasen un ano novo cheo de cousas boas e de soños cumpridos. Pensando niso, pensei que sería marabilloso facer unhas galletas da fortuna para a Noiteboa ou para o día de Ano Vello e deixar unhas mensaxes de amor e cariño para tódolos comensais. Que vos parece a idea? Eu fixen unhas cantas en galego e en inglés e déixovos aquí o documento por se queredes coller algunha. Se o facedes, podedes poñer mensaxes máis persoais, de broma para botar unhas risas ou para dar unha nova importante: un casamento, un novo membro na familia, unha cea familiar… A que quedaría ben chulo? A verdade é que é unha receita moi sinxela e con tódolos kukiconsellos que vos deixo ha saír perfecta, xa veredes! Sen enredarvos máis, que teñades unhas MOI FELICES FESTAS, UN MOI BO NADAL CHEO DE FELICIDADE E UN ANO NOVO MOI LARPEIRO E CARGADO DE BOAS NOVAS E MOITOS SORRISOS! Continue reading

Galletas de tona / Cream biscuits

Galletas de tona (receita tradicional)

image1

Encántanme as galletas de tona!!! Todas! Mais desta vez, quixen facer a receita da maneira máis tradicional posible. Para iso, merquei dous litros de leite cru O Alle, e fixen a tona na casa. O proceso é sinxelísimo, e paga tantísimo a pena polo seu incrible sabor, que volo recomendo un montón! O leite cru pódese mercar na Praza de Abastos de Santiago ou en tendas como La Fromaxerí (na rúa de San Pedro) ou en A Cesta da Saúde (en Ramón Cabanillas). Imos aló! Continue reading

Galletiñas de limón / Lemon biscuits

Galletiñas de limón

image

Cando fixen a entrevista para o xornal Sermos Galiza, preguntáronme de onde viña o nome de kukinhas. Kukinhas ven da pronunciacion de cookies /kukis/, e como as kukis son galegas, pois kukinhas. E para facer honra ao nome, unha receita de galletas! 🙂 Coma sempre, sinxelas, rápidas e moi saborosas. Estas quedan cunha textura areosa, estilo galletas danesas. Imos aló! Continue reading