Berberechos á cariñesa / Cockles Cariño style

Berberechos á cariñesa

Os berberechos son, para min, un dos mariscos máis saborosos que hai, e non precisan de moita historia para saber de marabilla. Mais esta xente de Cariño deu cunha receita moi xeitosa e cuns ingredientes que se por separado xa están bos, así todos xuntos son un pracer para os sentidos. A receita non pode ser máis sinxela e o resultado paga moito a pena, xa veredes! E se tedes a oportunidade de ir por Cariño e probalos alí, xa moito mellor. Polo momento eu póñovos aquí a receita para que vaiades matando o antollo 🙂 Continue reading “Berberechos á cariñesa / Cockles Cariño style”

Empanada de millo de berberechos / Galician cockles empanada

Empanada de millo de berberechos

empanada millo

Cando un ten un blogue de cociña, aproveita para facer todas esas receitas que sempre quixo facer, ou polo menos todas aquelas que lle gusta papar. E a empanada de millo é unha das miñas preferidas. Gústame con berberechos, con xoubas, con bacalao, con zamburiñas (desta seguro que haberá receita!) e case con calquera ingrediente! Aterraba un pouco a idea de facela porque todo o mundo me dicía: esa empanada é moi mala de facer, porque a masa non liga. E é ben certo que non liga, pero xa vos digo que iso non a fai complicada e polo resultado ben vale a pena. Así que xa vedes que non hai excusa. Imos aló! Continue reading “Empanada de millo de berberechos / Galician cockles empanada”