Polo estilo 1906 / Chicken 1906 style

Polo estilo 1906

image

Hoxe tráiovos unha receita de polo ben sinxela e rápida. Aínda que non é unha receita de 1906, pola foto xa sabedes por que lle chamo así 🙂 Podedes, por suposto, empregar outras cervexas, pero esta quédalle moooi ben. Por certo! O día 12 de xullo este blogue estivo de aniversario! Despois dun ano, 119 entradas, 20.000 visitas, e moitas fotos das vosas receitas, só me queda darvos as GRAZAS! Como o aniversario me pillou de visita por Granada, non puiden argallar nada, pero haberá algunha sorpresiña para celebrar o aniversario como toca. Estade atentos! 😉 Continue reading “Polo estilo 1906 / Chicken 1906 style”

Cupcakes de Guinness con crema de Bailey’s / Guinness cupcakes with Bailey’s buttercream

Cupcakes de Guinness con crema de Bailey’s

image

Unha receita con ingredientes irlandeses para celebrar este día de San Patricio! Despois de facer a Torta de Guinness, tocaba facer outra receita irlandesa. Desta vez, engadindo tamén a saborosa crema Baileys! Se vos gusta esta crema e a cervexa Guinness, estes cupcakes encantaranvos, porque están deliciosos… (Prometo facer versión galega proximamente… ;)) Imos ver como se fan! Continue reading “Cupcakes de Guinness con crema de Bailey’s / Guinness cupcakes with Bailey’s buttercream”

Torta de 1906 Red Vintage / 1906 Red Vintage Cake

Torta de 1906 Red Vintage

1906

Sí, certamente a torta de Guinness estaba ben boa, pero que me dicides desta versión galega? Moito mellor, non si? O certo é que non sabía moi ben como sería o resultado, pero mimá! Xa vos adianto que está boísima! Así que se tiñades pensado facer unha torta de Guinness, recoméndovos que lle botedes un ollo a esta porque está de vicio! 😉 E xa que está feita con cervexa galega, poderíamola establecer como torta típica do día de Galicia, non si? 🙂 Continue reading “Torta de 1906 Red Vintage / 1906 Red Vintage Cake”