Bastóns de cabaciña / Zucchini fries

Bastóns de cabaciña

bastóns de cabaciña

Cando chega a épocas das cabaciñas na leira, isto é un non parar. E veña cabaciñas e cabaciñas, e non te despistes moito, que senón medran a cachón e xa se poden chegar a considerar armas 😉 Así que chegada esta época, o que me toca é discurrir receitas, e discúrroas con gana, a verdade, porque gústacheme ben a versatilidade da cabaciña. Todo lle acae ben. Hoxe faremos uns bastonciños de cabaciña ao forno, para que sexan máis saudábeis e moooi saborosos! Imos aló!

Ingredientes:

– 1 cabaciña
– fariña
– sal
– 1 ovo
– pan relado (eu empreguei dese que leva allo e pirixel)
– queixo en po

Preparación paso a paso:

1. Cortamos a cabaciña en bastonciños.

bastóns de cabaciña

2. Nunha bolsa, botamos fariña e sal, metémolas dentro e sacudimos ben ata que estean ben enfariñadas.

bastóns de cabaciña

3. Despois, pasamos os bastóns polo ovo.

bastóns de cabaciña

4. Mesturamos o pan relado e o queixo en po (as cantidades, a gustos), e rebozamos os bastonciños.

bastóns de cabaciña

5. Poñémolos sobre a grella do forno e esta sobre a bandexa, para que non se nos emporque moito o forno e para que lle dea a calor ao redor e fiquen máis crocantes.

bastóns de cabaciña

6. Enfornámolos a uns 200ºC ata que vexamos que collen unha lixeira cor dourada. E listo!

bastóns de cabaciña

Así segundo saen do forno xa están de vicio, mais pódense acompañar con algún prebe de tomate, de iogur, de mel e mostaza… do que queirades, vaia! É un prato ben sinxelo e lixeiro, e así imos dando boa conta das cabaciñas, que boa falta fai. Bo proveito!!!

_____________________________________________

Baked zucchini fries

bastóns de cabaciña

When it’s zucchini time, it’s zucchini time! And those, like me, who have a garden and zucchini plants on itk now what I mean. Once they start growing, they cannot stop, and so you are getting zucchini after zucchini almost every day of the week! When this time arrives, I have to start thinking about some recipes to use them, but I must as well admit that this is something I love doing because I really like its flavour and its incredible versatility. Today we will prepare these baked zucchini fried, so healthy and yummy!!! Let’s go!

Ingredients:

– 1 zucchini
– flour
– salt
– 1 egg
– breadcrumbs (I used those with garlic and parsley)
– powdered cheese

Step by step preparation:

1. Cut zucchini into strips.

bastóns de cabaciña

2. Then, fill a bag with some flour and salt, introduce the zucchini sticks and shake until all coated.

bastóns de cabaciña

3. Then, dip them in the egg.

bastóns de cabaciña

4. Mix braedcrumbs and powdered cheese (quantities on your own choice) and dip them in this mixture as well.

bastóns de cabaciña

5. Place the breaded zucchini over the wire rack, and the wire rack over the baking tray. Thus, zucchini will be crunchier because heat circulates all around them.

bastóns de cabaciña

6. Bake them at 200ºC/400ºF until golden brown. And that’s it!

bastóns de cabaciña

As soon as you take them out of the oven, you’re gonna start eating them and never stop 😉 You can as well eat them with some dipping sauce, youghurt, honey and mustard, tomato… all of them would match perfectly! It’s a ver healthy and easy dish and one very useful recipes to start getting rid of those delicious homegrown zucchinis! Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.