Sexta Etapa / Sixth Stage: Lizarra / Estella

Sexta Etapa: Lizarra / Estella

Unha das cousas que máis me gustan deste Camiño de Santiago que imos facendo prato a prato é a variedade de produtos e pratos típicos que podemos atopar ao longo desta travesía tan fermosa. Despois dos pementos do piquillo recheos, preparamos un prato que tamén é moi saboroso, mais desta vez, con peixe: O BACALLAU AJOARRIERO. Este prato ten como ingredientes básicos o bacallau, o pemento, a cebola e o prebe de tomate. É unha receita sinxela, rápida e que, ademais, é moi saudábel, para que despois non digamos que non se poden facer pratos saudábeis e rápidos. Hai quen tamén lle bota patacas e pemento verde. Eu como non son moi seareira do pemento verde, non llo botei, mais se a vós vos gusta, adiante! O mellor de cociñar é facer as receitas como máis nos gustan e adaptalas ás nosas preferencias. Facer de cada receita, algo noso. E sen máis, imos aló! Continue reading “Sexta Etapa / Sixth Stage: Lizarra / Estella”

Brandada de bacallau / Cod brandade

Brandada de bacallau

brandada

A primeira vez que probei a brandada de bacallau foi nun canelón feito con masa de filloa (xa vos deixo aquí a idea por se queredes probar)e estaba moi, moi, moi boa. O que non sabía é que a brandada era tan sinxela e rápida de facer. E sobre todo, que así, soa, sen filloa nin canelón nin nada, estaba tan boa como está. Os ingredientes son moi básicos e o paso a paso moi doado. Imos aló! Continue reading “Brandada de bacallau / Cod brandade”

Chulas de bacallau / Cod fritters

Chulas de bacallau

chulas bacallau

Onte merquei bacallau fresco e o filete era ben grande, así que tocaba discurrir receita para os anacos que me ían sobrar. O bo das chulas de bacallau é que non hai que cociñar previamente o bacallau, bótanse tódolos ingredientes en cru, e despois frítense as chulas e xa está! Así, a receita faise nun plis e o resultado é boísimo. De todas maneiras, se vos sobran anacos de bacallau cocido ou fritido, tamén o podedes empregar. Imos aló! Continue reading “Chulas de bacallau / Cod fritters”

Bacallau á sidra / Cod in cider

Bacallau á sidra

image

Despois de tanto doce de Samaín, toca un descansiño, e preparar esta deliciosa receita! É moi doada (para non variar! 😉 ), rápida de facer e moi saborosa! Imos aló! Continue reading “Bacallau á sidra / Cod in cider”