Canelóns de berenxena / Aubergine rolls

Canelóns de berenxena

canelóns de berenxena

Aínda que xa estamos recollendo as últimas berenxenas da horta, este ano non nos podemos queixar, pois aínda che duraron ben. A min encántanme, e como proba, non se precisa máis que unha ollada rápida aos milleiros de receitas de berenxenas que hai no blogue. Desta vez, uns canelóns ben rápidos e sinxelos, que ademais campan que rabean e saben de medo! Non é preciso nin gratinalos nin levalos ao forno! Iso si, se lles queredes engadir queixo relado e poñelo a dourar, de seguro que o agradece 😉 Imos aló! Continue reading “Canelóns de berenxena / Aubergine rolls”

Atún macerado / Marinated tuna

Atún macerado

atún

Ás veces hai quen non merca atún porque non sabe como facer para que non quede seco. Pois aquí vos traio a solución! Se maceramos o atún nun chisco de soia e aceite, estará moi suculento e non quedará seco para nada. O ideal sería pedir ou cortar lombos de atún un chisco máis gordiños, para que non quede forte de máis. Sinxelo a tope, non si? Imos aló! Continue reading “Atún macerado / Marinated tuna”

Berenxenas recheas / Stuffed eggplants

Berenxenas recheas

berenxenas recheas

Desta vez, traio 3 receitas nunha. As berenxenas recheas están boísimas, e seguro que se preguntades, cada quen rechéaas de ingredientes diferentes. Eu contareivos 3 recheos distintos que probei e que sei que están ben bos: atún, xamón cocido e carne. Imos aló! Continue reading “Berenxenas recheas / Stuffed eggplants”

Pementos do piquillo recheos de atún / Piquillo peppers stuffed with tuna

Pementos do piquillo recheos de atún

Photo 02-01-14 23 10 56

Encántanme os pementos do piquillo! Tanto que se vou comer ou cear fora e os vexo na carta, xa é o primeiro que pido 🙂 Desta vez, fíxenos recheos de atún, pero recheos de bacalao tamén están boísimos. Estes saen moi económicos e moi sabedeiros, así que anímovos a que os fagades. Imos ver como se fan! Continue reading “Pementos do piquillo recheos de atún / Piquillo peppers stuffed with tuna”

Empanadiñas de atún / Tuna pasties

Empanadiñas de atún

image

Aí vai unha receitiña de empanadiñas de atún deliciosas. Perfectas para calquera ocasión e que farán as delicias dos máis cativos. Imos aló! Continue reading “Empanadiñas de atún / Tuna pasties”