Torta de requeixo de As Neves / As Neves cottage cheesecake

Torta de requeixo de As Neves

requeixo As Neves

Levaba tempo e tempo atrás do requeixo de As Neves, así que en canto me fixen con él, ou máis ben, en canto mo trouxeron, (éche a sorte que ten ter xente que che axuda a facerte cos ingredientes), sabía que acabaría facendo unha torta de queixo. O requeixo está boísimo así según se merca, e se o acompañamos con mel, xa nin vos conto. Unha sobremesa perfecta, sen ter que pasar horas e horas na cociña. Mais as tortas de queixo son outra das miñas sobremesas favoritas, e non resistin a tentación de preparar unha con este marabilloso requeixo. Imos aló! Continue reading