As Lambonadas de Kukinhas / Cooking with Kukinhas

As Lambonadas de Kukinhas

kukinhas

Ola a todos! Esta entrada é ben diferente ás de sempre, mais non por iso é menos especial, senón todo o contrario. Había tempo que xa rondaba pola miña cabeza a idea de facer un pequeno libro onde puxera as miñas receitas larpeiras favoritas. O problema era que non sabía nin por onde comezar…evidentemente non teño tanto público como para que ningunha editorial me ofrecera facer o libro, así que tiña que facer como coas receitas, poñerme coas mans na masa.

Nese momento foi cando me comentaron a idea de maquetar, editar e diseñar o meu propio libro e publicalo a través de Amazon. Non sonaba naaada mal, así que collín aire, forzas, paciencia, ilusión e moito ánimo e comecei pouco a pouco a ir dándolle xeito a esa idea da miña cabeza.

kukinhas

Unha vez estaba feito e publicado, só me quedaba contárvolo, e iso, se hei de dicir a verdade, foi un dos pasos deste proceso que máis nerviosa me poñía. Non sabía nin por onde comezar, nin como facelo, nin nada, mais ao final todo sae. E aquí estou, contándovos unha nova que me fai moita ilusión, sobre todo, porque todas e cada unha das partes do libro fíxenas con todo o meu agarimo.

As receitas están divididas en 4 seccións: receitas sinxelas para quedar moi ben, receitas saudables, receitas para ocasións especiais e receitas para días nos que estamos especialmente larpeiros.

kukinhas

Un libro con 20 receitas de lambonadas explicadas paso a paso, algunhas do blogue e outras inéditas que agardo que vos encanten!

kukinhas

Só con ter a posibilidade de poder contribuir, aínda que sexa de maneira moi pequeniña, a que haxa un libro máis de receitas en galego, xa me sinto máis que recompensada. Agardo que vos guste moitísimo e que vos animedes a ter entre mans un libro de receitas en galego.

Déixovos AQUÍ a ligazón para que lle botedes unha ollada, e se vos gusta e o queredes mercar ou queredes agasallar a alguén con este libro, é moi sinxelo, como se merca calquera outra cousa en Amazon 🙂

Moitísimas grazas a todas e todos xs que ledes as receitas no blogue, me mandades fotos, comentades, rechiades, compartides…porque grazas a vós existe este libro que fixen con tanta ilusión!!! 😀 Grazas, de corazón!

Amazon Spain [Edición en galego – Galician edition]
Amazon US [Edición en galego – Galician edition]
Amazon UK [Edición en galego – Galician edition]

_______________________________________________

Cooking with Kukinhas: Sweet recipes from Galiza

kukinhas

Hi everyone! This blog post is very different from my usual ones, but I must admit it’s much more special. It’s been long since I’ve been thinking about publishing a book with my favourite sweet recipes of this blog, but I did not even know where to start. The main issue was that I could not depend on any publisher, so I had to do as I did with the blog, working on my own! 😀

And it was at this very time when I was told that I could design my own book and publish it on Amazon. It sounded so good that I decided to start right away! I took some fresh air, strength, pacience and the best mood and started to work on the book until this idea on my ming became real.

kukinhas

Once designed and published, I just had to tell you all about it, and I must admit I was really nervous because I didn’t know where to start, what to say, how to say it…anyway, here it is! 🙂 I am very enthusiastic to tell you this and I hope you love it as much as I do!

Receipes are divided into 4 sections: quick recipes to impress, healthy recipes to satisfy our sweet tooth, recipes for special occasions and some others which everyboy will love for sure.

kukinhas

A book with 20 recipes with a step by step explanation, some taken from the blog and some unpublished.

kukinhas

Just having the possibility of writing both the Galician and the English version of this cookbook is already the best reward. There are not many cookbooks written in Galician language and so it’s an honour for me to take part in increasing the presence of Galician language in the field of gastronomy.

Here you have the links to the book, so you can have a look at it, tell me your opinion, and if you like it, you may give it a go and buy it! It’s as simple as buying any other thing on Amazon 🙂

Amazon Spain [English edition – edición en inglés]
Amazon UK [English edition – edición en inglés]
Amazon US [English edition – edición en inglés]

Thank you very much to you all, to those who read the recipes, send pics, comment, retweet…because you made all this possible and the book has become a thing thanks to you!

4 Comments

  1. Tais Orión

    Guauuuu!!! No tenía ni idea!! Que chulo!! Tengo que hacerme con el! Muchas felicidades! 🙂

    • Graciñas guapaaa!!! Agardo que o merques e che guste moito! Así xa temos unha desculpa para vernos e firmalo 😉 un bico xigante!!!

  2. Ola kukinhas,onte veu comer o meu fillo e a súa noiva e deronme unhaa grande noticia.Eles tamén son fans das túas receitas e dixeronme:”mercamos tres libros de kukinhas,un para ti mamá,outro para nós e outro para a nai da súa noiva.Non te fas unha idea da ilusión que me fixo porque eu son unha gran seguidora pero lévame moito tempo buscalas no ordenador.Que ben poder estar no sofá e mirar o libriño. Grazas kukinhas unha vez máis .Un bico enorme ,muaaaaaaaa.

    • Non sabes canta ilusión me fai o teu comentario!!! 😀 Xa sabía que tiña os mellores siareiros de kukinhas, mais coa boa acollida que está tendo o libro, aínda o sodes máis!!! Agardo que che guste moito e, sobre todo, que goces moito del e das súas receitas! Moitísimas grazas polo apoio, os comentarios e o agarimo que me envías coas túas palabras! Unha aperta e moitos bicos!!! Mua

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.