Apfelkiechle

Apfelkiechle ou chulas de mazá

E aquí estamos de novo cunha súper receita desas que me contan para que poña no blogue! (Si, teño xente así de estupenda ao meu carón!) Semella ser que é unha receita típica da Alsacia e que o seu nome é de orixe alemá (por iso de que Alsacia formou parte de Alemaña) Apfelkiechle vén de Apfel que sería mazá e kiechle algo así como filloa. Aquí tamén as facemos e chamámoslles chulas de mazá, ou fritos de mazá, dependendo da zona (e aínda haberá máis nomes que non sei!) O caso é que estas receitas de toda a vida, para min, adoitan ser moi sinxelas, rápidas e cun resultado espectacular. E o mellor de todo é que saben de vicio!!! Imos aló! Continue reading “Apfelkiechle”

Crumble de mazá / Apple crumble

Crumble de mazá

Crumble

O crumble de mazá é unha das sobremesas perfectas para o Nadal, lixeiro, sinxelo, rápido e quentiño 🙂 E para darlle un toque especial, engadirémoslle un chisco de crema de augardente e unhas améndoas, tan típicas nos produtos do Nadal 😀 A receita faise nun plis e está absolutamente de medo. Imos aló! Continue reading “Crumble de mazá / Apple crumble”

Torta Tatin de mazá / Apple Tarte Tatin

Torta tatin de mazá

Tarte Tatin

Hoxe a receita é unha torta de mazá ao revés. E de onde veu iso de Tatin? Pois resulta que nun hotel de Francia, as irmáns Tatin andaban a facer unha torta de mazá. Sen decatarse, unha delas, puxo as mazás no molde sen ter posta antes a masa de follado, e para non ter que desfacer o xa feito, púxolle a masa por riba e listo! O caso é que está moi boa, así que se vos gusta a mazá, esta lambonada pasará a ser unha das vosas preferidas. Imos aló! Continue reading “Torta Tatin de mazá / Apple Tarte Tatin”

Crema de cabaza e mazá / Pumpkin and apple soup

Crema de cabaza e mazá

Pumpkin and apple soup

Ás veces pasa que cando un vai comer fora, xa non só vai comer, senón que vai investigar que pratos haberá no restaurante e así coller ideas e probar a facer algún deses pratos na casa. Nunha destas ocasións, estando de paparota no CGAC, había de primeiro prato Crema de cabaza e mazá. Pedina e mmm, que boa estaba! E é por iso que hoxe vos traio esta orixinal e ben sabedeira receita. Imos aló! Continue reading “Crema de cabaza e mazá / Pumpkin and apple soup”

Ensalada de verán / Summer salad

Ensalada de verán

image

Para hoxe, unha ensaladiña fresca, variada e cuns ingredientes que combinan dun xeito especial. E para estes días de verán…absolutamente perfecta! Continue reading “Ensalada de verán / Summer salad”