Biscoito de chocolate e viño tinto / Red wine and chocolate cake

Biscoito de chocolate e viño tinto

Si, xa me imaxino que estaredes pensado, un biscoito con viño tinto? Pois si! A idea xurdiu un día destes que estás aburrida e non sabes moi ben que facer. A min eses días sempre me dan ganas de cociñar porque é algo que adoita levantarme o ánimo, e sempre ten unha saborosa e doce recompensa. Despois de botar unha ollada a ver o que tiña pola cociña, vin a botella de viño e pensei en facer algunha lambetada con el. Acordeime do boas que estaban as peras ao viño, así que outra lambonada con viño non podía fallar. Lendo varios artigos pola rede, vin que o viño tinto se pode empregar en doces para potenciar o sabor a chocolate. Rebusquei pola cociña e non tiña cacao puro, mais si que tiña paladín (que é que adoito usar para a torta da avoa), así que agora só quedaba mesturar ingredientes e agardar a que todo saíra ben. E se a receita está aquí é que o resultado foi moi bo, como poderedes intuír, así que non lle teñades medo a esta mestura que nos pode soar tan estraña porque o biscoito ten un sabor espectacular! Continue reading