Biscoito de té verde matcha / Matcha sponge cake

Biscoito de té verde matcha

Hai que ver o que me gustan os biscoitos! Recoñezo que niso son bastante tradicional, e un anaco de biscoito para papar no almorzo é un deses grandes pequenos praceres da vida. Xa son unhas cantas as receitas de biscoitos do blogue e a verdade é que a vós tamén semella que vos gustan abondo, non si? Se xa sodes algo seareiras e seareiros das receitas deste blogue, saberedes que o té verde matcha é tamén un ingrediente moi presente, e xa tardaba facer con el un biscoito larpeiro para aledar as mañás. E se lle engadimos un toque de chocolate branco, xa todo mellora aínda máis! Imos aló! Continue reading “Biscoito de té verde matcha / Matcha sponge cake”

Rosquillas fritidas / Fried doughnuts

Rosquillas fritidas

rosquillas

Pensando en receitas galegas para seguir ampliando o receitario, decateime que aínda non tiña a receita das rosquillas. E como iso non podía ser, comezou a miña pesquisa para atopar unha boa receita rosquilleira. O primeiro que fixen foi falar con miña nai e preguntarlle como as facía ela. E grazas a iso descubrín un pequeno grande tesouro que me encheu de ledicia. Garda miña nai un receitario pequeno que miña avoa escribiu hai uns 50 anos. E entre as receitas, esta receita de rosquillas que a continuación vos escribo. Eu fíxena tal e como poñía a miña avoa (e así vola poñerei aquí), sen variar nada e saíron unhas rosquillas boísimas!!! D Continue reading “Rosquillas fritidas / Fried doughnuts”

Torta de millo de Guitiriz / Guitiriz corn cake

Torta de millo de Guitiriz

torta de millo

Levo uns días que non penso máis que en facer biscoitos para o almorzo…de feito, hoxe pola mañán fixen un combinado de tres biscoitos, xD! Esta torta de millo é pura delicia! En Guitiriz fana dentro dunha pota, cun vasiño e unha pedra no medio para que quede co buratiño, como é tradicional. Así, a torta queda moito maís húmida e esponxosa. Como non temos unha infraestructura tan chula coma a de Guitiriz, fixemos un truquiño de outra maneira para que quedara incriblemente saborosa e suave! Para facer a torta, procurade buscar unha fariña milla o maís munda posíbel para que a textura quede perfecta! Imos aló! Continue reading “Torta de millo de Guitiriz / Guitiriz corn cake”

Biscoito de noces / Nuts sponge cake

Biscoito de noces

biscoito de noces

Este biscoito de noces tráeme moitos recordos. Cando era máis pequerrecha e ía á casa da miña avoa, de cando en cando atopábaa á voltas coas noces para facer un biscoito. E que biscoito máis saboroso! A receita é a receita tradicional que sempre se fixo na miña casa, mais engadindo un vasiño de noces de picadas. Desta vez, como tiña máis froitos secos que noces, fixen unha combinación, mais xa sabedes, probade con aqueles froitos secos que tedes pola casa ou que máis vos gusten. Imos aló! Continue reading “Biscoito de noces / Nuts sponge cake”

Tortiñas saudábeis / Healthy pancakes

Tortiñas saudábeis de cacao

tortiñas

Estas tortiñas téñeno todo, son saudábeis, sen glute, sen azucres e con moooito sabor a chocolate! E se con isto non abondara, só precisamos 3 ingredientes! E 3 ingredientes ben sinxelos que acostumamos a ter pola cociña. Fanse nun plis, tanto o masa como a tortiñas e, ademais, podemos engadir froitos secos, froitos vermellos e, coma sempre, convén remollalas cun bo chorriño de mel ou de sirope de ágave. E se as queredes facer maís larpeiras, uns anaquiños de chocolate quedaranlle de medo. Imos aló! Continue reading “Tortiñas saudábeis / Healthy pancakes”

Almorzo saudábel / Healthy breakfast

Almorzo saudábel

Healthy breakfast

Chegou setembro e con el, a fin das vacacións, da praia, dos paseos polo monte, do descanso… E iso nótase na nosa enerxía! Comezan as presas e, moitas veces, comezamos a descoidar a nosa alimentación. Sempre din iso de que o almorzo é a comida máis importante do día, mais sexa ou non, o caso é que un almorzo saudábel e completo hanos dar moita máis enerxía que un café ou un chocolate con boliños. E o mellor é que, agás a torrada, o resto podémolo deixar preparado o día anterior pola noite. Imos aló! Continue reading “Almorzo saudábel / Healthy breakfast”