Biscoito de améndoas / Almond sponge cake

Biscoito de améndoas

biscoito de améndoas

Ás veces (moitas, no meu caso) temos a boca doce e devecemos por algunha lambonada que nos saque o antollo. Para iso, aquí vos traio a receita perfecta: un biscoito de améndoas moi saudábel e perfecto para sacarnos o antollo. Só leva ovos, améndoas, mel e limón. Así, podemos gozar dunha larpeirada sen ter que facer unha torta con moito azucre ou moito chocolate. Para a próxima, probarei de facelo cun chisco de cacao, a ver como sae 😉 A textura é moi esponxosa e o sabor suave, húmido e ben doce. Non perdades esta receita de vista, pois hase convertir nunha das vosas favoritas. Imos aló! Continue reading “Biscoito de améndoas / Almond sponge cake”

Torta de cereixas / Cherry cake

Torta de cereixas

Torta de cereixas

Que vicio son as cereixas! Frescas, doces e case adictivas…ponse un a comer nelas e non dá parado. Esta torta é moi sinxela, o máis complicado é ter que sacarlle o óso ás cereixas, pero paga ben a pena por meterlle o dente a esta torta tan boa! Como o molde que usei era bastante grande, quedoume unha torta estreita, pero se tendes un máis pequeno, quedaravos máis altiña. Imos aló! Continue reading “Torta de cereixas / Cherry cake”