Torta de 1906 Black Coupage / 1906 Black Coupage Cake

Torta de 1906 Black Coupage

1906 black coupage

En canto vin esta nova cervexa de 1906, sabía que ía caer unha torta si ou si. Despois do boa que estaba e do éxito que tivo a Torta de 1906 Red Vintage, xa sabía que esta non ía ser menos. Polo momento, tódalas críticas foron boas: a textura é suave e cremosa no padal, o sabor intenso e con notas de regaliz e chocolate, como a cervexa e a pinta, xa vedes, de vicio! Imos aló! Continue reading “Torta de 1906 Black Coupage / 1906 Black Coupage Cake”

Polo estilo 1906 / Chicken 1906 style

Polo estilo 1906

image

Hoxe tráiovos unha receita de polo ben sinxela e rápida. Aínda que non é unha receita de 1906, pola foto xa sabedes por que lle chamo así 🙂 Podedes, por suposto, empregar outras cervexas, pero esta quédalle moooi ben. Por certo! O día 12 de xullo este blogue estivo de aniversario! Despois dun ano, 119 entradas, 20.000 visitas, e moitas fotos das vosas receitas, só me queda darvos as GRAZAS! Como o aniversario me pillou de visita por Granada, non puiden argallar nada, pero haberá algunha sorpresiña para celebrar o aniversario como toca. Estade atentos! 😉 Continue reading “Polo estilo 1906 / Chicken 1906 style”

Torta de 1906 Red Vintage / 1906 Red Vintage Cake

Torta de 1906 Red Vintage

1906

Sí, certamente a torta de Guinness estaba ben boa, pero que me dicides desta versión galega? Moito mellor, non si? O certo é que non sabía moi ben como sería o resultado, pero mimá! Xa vos adianto que está boísima! Así que se tiñades pensado facer unha torta de Guinness, recoméndovos que lle botedes un ollo a esta porque está de vicio! 😉 E xa que está feita con cervexa galega, poderíamola establecer como torta típica do día de Galicia, non si? 🙂 Continue reading “Torta de 1906 Red Vintage / 1906 Red Vintage Cake”