Irish Boxty

Irish Boxty

boxty

Adoro a cociña de Irlanda. Supoño que é porque adoro esa conexión celta que fai que moitos pratos teñan un sabor similar. Aínda que estas tortiñas irlandesas se papan agora en calquera ocasión, o típico era comelas na época do Samaín, e é por iso que tocaba preparalas. Non sabía moi ben como sería o sabor, porque eu sonvos moito de probar así ao tolo, sen saber como saberán os pratos. Iso si, en canto lle dei a primeira trabada…mimadriña!!! Non imaxinaba que estiveran tan boas! Que sabor, que textura! Puro vicio!!! Creo que me sería imposible dicir os ingredientes que leva polo sabor que ten despois! A min recordoume ás filloas, mais isto xa é cuestión de opinións. Non vos enredo máis e imos ao choio! Imos aló! Continue reading “Irish Boxty”

Momias de Samaín / Hot dog mummies

Momias de Samaín

momias de Samaín

Despois de dúas receitas tradicionais do Día de Tódolos Santos, hoxe toca unha receita máis moderna, divertida e pola que devecerá a cativada. De seguro que se apuntan tanto a facelas como a comelas. E o certo é que non me estraña nadiña. Cantos anos sen comer salchichas! Xa nin recordaba como sabían. Non sei a vós, pero na miña casa eran un produto bastante vetado 😀 Xa sei que non son nada saudábeis, mais unha vez ao ano, polo Samaín, ben podemos facer un pequeno sacrificio, va que si? E o riquiñas que quedan? Non me digades que non quedan de medo 🙂 E ademais, fanse nun plis! Imos aló! Continue reading “Momias de Samaín / Hot dog mummies”

Panellets

Panellets

panellets

A semana pasada, puxemos unha receita do Día de Tódolos Santos típica da Galiza (os Ósos de santo) e esta semana toca un doce típico destas datas en Catalunya. Os panellets son deses doces que en canto asoma outubro, non deixas de ver en tódalas pastelarías e mercados. Os caseiros acostuman a costar uns 40 euros o kilo e hainos de moitos sabores. É un doce bastante calórico, cousa que viña moi ben porque, antigamente, na noite do Día de Defuntos adoitábase tocar a campá toda a noite, polo que a maioría dos veciños facían vixília. Así pois, precisaban de moita enerxía para aguantar espertos toda a noite. Ademais, como xa ben sabemos, son datas onde o tempo xa é frío abondo, e non? E que ben viña unha lambonada ao carón da lareira! Sen máis historias, dicirvos que vos deixo a receita de dous tipos de panellets: os panellets de piñóns (panellets de pinyons) e os panellets de marmelo (panellets de codonyat). Imos aló! Continue reading “Panellets”

Ósos de santo

Ósos de santo

ósos de santo

Aínda quedan uns días para o Samaín (31 de outubro) e o Día de Tódolos Santos (1 novembro), mais para ir abrindo boca, que mellor que uns ósos de santo. E así, poñendo a receita con tempo, non tedes desculpa ningunha para non preparala, pois xa podedes ir mercando os ingredientes con tempo 🙂 Esta sobremesa tradicional galega sempre estaba presente nas paparotas de tódolos santos na casa dos meus avós. Este ano, pensando receitas para estes días de festa, acordeime desta receita e preguntei na casa por ela. Así, maxicamente, e escrita nun anaco de papel (adoro as receitas que pasan así duns a outros!) apareceu esta marabillosa receita de ósos de santo. Dende aquí, moitísimas grazas a todas aquelas persoas que fan que as receitas tradicionais galegas teñan cabida neste blogue. Imos aló! Continue reading “Ósos de santo”

Flan de castañas / Chestnut creme caramel

Flan de castañas

flan castañas

Hai uns días chegaron ás miñas mans unhas castañas moi boas, xeitosas e ben sabedeiras, e como lle prometín á persoa que mas deu, fixen un flan con elas. E quedou boísimo!!! Un intenso sabor a castaña e unha textura moi suave farán deste flan unha auténtica delicia, perfecta para estes días de outono. Continue reading “Flan de castañas / Chestnut creme caramel”

Chuliñas de cabaza / Galician pumpkin fritters

Chuliñas de cabaza

chulas cabaza

Encántame a cabaza, e non só polo seu sabor, senón porque pódese facer unha chea de receitas con ela e todas están boísimas. Unha das máis típicas da nosa terra son as chuliñas. Para aqueles aos que non lles guste moito o sabor da cabaza, dicirvos que non se nota moito, e fai que as chulas queden moi esponxosas por dentro. Imos aló! Continue reading “Chuliñas de cabaza / Galician pumpkin fritters”