Rolos de verán / Summer rolls

Rolos de verán

Chega o verán, o bo tempo, a calor, as vacacións e unha certa nugalla a poñerse coas mans na masa, especialmente á hora da cea. Ou iso polo menos é o que adoita pasarme a min. Estes rolos de verán son unha solución perfecta para comer saudábel sen ter romper moito a cachola. Non precisamos de moito tempo, nin de moita cociña, nin sequera temos que prender o lume se non queremos, podemos empregar as verduras ou froitas que máis nos gusten e variar a receita tantas veces como queiramos. E si, son moi sinxelos de facer, que aínda non o puxera, va que non? 🙂 Imos aló! Continue reading “Rolos de verán / Summer rolls”

Ensalada de queixo de cabra e framboesa / Goat cheese and raspberries salad

Ensalada de queixo de cabra e framboesa

O tempo anda medio revolto, mais nestes días de calor, que xa tivemos abondo, apetece cociñar pratos fresquiños e as ensaladas son sempre moi socorridas. Ademais, pódense facer combinacións infinitas cos ingredientes que máis vos gusten, ou con aqueles que estean de tempada. Desta vez, fixemos un aliño moi especial para aproveitar a saborosísima marmelada de framboesas do Pazo de Vilane. O resultado, espectacular e a pinta incrible! Se vos gustan as ensaladas cun punto lambonciño, esta é a vosa 😉 Imos aló! Continue reading “Ensalada de queixo de cabra e framboesa / Goat cheese and raspberries salad”

Poke Bowl

Poke Bowl

De seguro que este nome vos soa de algo. Xa hai un tempo que este prato típico de Hawaii se fixo ben famoso e comezou a aparecer por tódolos vídeos de receitas, blogues e, incluso, restaurantes. A receita tradicional leva atún e non leva arroz, mais nós fixemos a nosa propia versión para facelo un prato máis completo e máis sinxelo. Se xa de por si ten boa pinta, en canto o probedes, enamorarédesvos. É un prato fresco, lixeiro e cheo de sabor! Prepárase moi axiña e o paso máis complicado é cortar os ingredientes! Quen se apunta a preparar este súper prato? Imos aló! Continue reading “Poke Bowl”

Chips de alcachofa / Artichoke chips

Chips de alcachofa

Mira que fixen esta receita unha chea de veces, de feito, pensaba que xa a puxera no blogue; ata que un día me puxen a buscar a receita e vin que non, que non a tiña! Como podía ser iso? Eu nunca fun moito de alcachofas (xa empezo coas confesións), sempre era das que dicía que non sabían a nada, que sabían a madeira…en fin, que non as quería nin en pintura. Ata que as probei así. E mira que a receita é ben sinxela! As alcachofas así saben de vicio!!! Ponse un a comelas e baixan coma se foran olivas. Unha detrás de outra e remataches o prato sen decatarte. Non vos enredo máis e imos aló! Continue reading “Chips de alcachofa / Artichoke chips”

Poutine

Poutine

Recordades o fermoso libro de receitas do Quebec que me trouxeron de agasallo? Pois xa ía tocando outra receita, non si? A esta receita de poutine xa lle botara o ollo en canto abrín o libro por primeira vez, máis que nada polo sinxela e lambona que é. E quen non ten pola casa patacas para fritir e queixo? Moito máis non precisamos, xa veredes. E o sabor é incrible…ese queixiño desfeito…cremoso…sobre as pataquiñas…ai! Que pracer!!! Imos aló! Continue reading “Poutine”

Queixadiñas / Quesadillas

Queixadiñas

Non é por nada, mais encántame o nome de Queixadiñas! Sona ben riquiño, non si? As queixadiñas non deixan de ser unha tortilla de trigo rechea de queixo torrada nunha grella para que o queixo quede ben derretido e cremoseiro. Aínda que o ingrediente principal é o queixo, sempre se lle pode dar algunha que outra alegría para darlle máis sabor e facelas máis larpeiras 😉 Déixovos dúas opcións que a min me gustan moito, unha máis típica e outra máis ‘mallorquina’ hihihi. Imos aló! Continue reading “Queixadiñas / Quesadillas”