Galletas da fortuna / Fortune cookies

Galletas da fortuna

Xa quedan moi poucos días para o Nadal. Unha época do ano na que aproveitamos para pasar tempo coa xente que máis queremos e nos quere. E tamén para desexarlles que pasen un ano novo cheo de cousas boas e de soños cumpridos. Pensando niso, pensei que sería marabilloso facer unhas galletas da fortuna para a Noiteboa ou para o día de Ano Vello e deixar unhas mensaxes de amor e cariño para tódolos comensais. Que vos parece a idea? Eu fixen unhas cantas en galego e en inglés e déixovos aquí o documento por se queredes coller algunha. Se o facedes, podedes poñer mensaxes máis persoais, de broma para botar unhas risas ou para dar unha nova importante: un casamento, un novo membro na familia, unha cea familiar… A que quedaría ben chulo? A verdade é que é unha receita moi sinxela e con tódolos kukiconsellos que vos deixo ha saír perfecta, xa veredes! Sen enredarvos máis, que teñades unhas MOI FELICES FESTAS, UN MOI BO NADAL CHEO DE FELICIDADE E UN ANO NOVO MOI LARPEIRO E CARGADO DE BOAS NOVAS E MOITOS SORRISOS! Continue reading “Galletas da fortuna / Fortune cookies”

Club Sandwich

Club Sandwich

club sandwich

Facer un sandwich cando un non sabe moi ben que preparar é todo un clásico. É un deses pratos para sair do apuro, que enchen ben o bandullo e saben de medo, para que negalo. O Club Sandwich é un deses sandwiches míticos de hai unha chea de anos, con ingredientes variados que combinados fan que este sandwich sexa uns dos máis saborosos que probei na miña vida! As posibles orixes desta receita son múltiples, mais o importante é que, fora quen fora a persoa que deu con esta receita, pode estar ben orgullosa. Abofé que si! Algúns dos ingredientes poden variar dependendo do sitio onde o preparen, mais os que aquí vos propoño danlle ao sanwich un sabor do melloriño que hai! Imos aló!!! Continue reading “Club Sandwich”

Torta Red Velvet / Red Velvet cake

Torta Red Velvet

red velvet

Se hai unha torta que queda ben bonitiña e que campa un mogollón, esa é a Red Velvet. Esa cor vermella intensa e esa cremiña de queixo que está taaan boa fan que sexa unha das tortas preferidas de moita xente. Despois de poñervos a receita dos cupcakes de Red Velvet, imos agora con esta versión máis grande, unha torta de 3 pisos con recheo de crema de queixo e con crema de queixo por todas partes. Saborosísima!!! Non vos poño foto do corte porque esta torta será papada por outras lambonciñas e lambonciños, así que non lle poderei sacar a foto, mais xa vos imaxinades a pintaza que ten. Incrible! E o paso a paso, do máis sinxelo. Imos aló! Continue reading “Torta Red Velvet / Red Velvet cake”

Peitugas recheas / Chicken breast stuffed

Peitugas recheas

peitugas recheas

O máis complicado desta receita de peitugas recheas é abrir as peitugas, mais non vos compliquedes moito con esta parte, podedes pedilo na carnizaría ou ir pouco a pouco abríndoas co coitelo. Non importa se non quedan perfectas, as miñas tampouco quedaron e non abriron nin me fixo falta poñerlles escarvadentes nin fíos. Para facelas, pódense facer ou ben no forno ou ben fritidas na tixola. Eu fritinas e quedaron estupendas, sen aceite de máis, moi zumarentas e fixéronse moito máis rápido que no forno. Para o recheo, empregamos o máis típico, xamón e queixo, cun acompañamento de prebe de trompetas da morte. E estaba todo rico rico! Imos aló! Continue reading “Peitugas recheas / Chicken breast stuffed”

Aguacate con gambas / Avocado with shrimps

Aguacate con gambas

aguacate con gambas

Cada ano, polo meu aniversario, sempre hai dous pratos que están sempre presentes na paparota festeira. Un deles é a xa mítica, típica e sempre saborosa Torta de flan, chocolate e galletas, e o outro é este, aguacate con gambas. Aínda non sei moi ben como comezou esta tradición, mais si sei porque se repite ano tras ano, porque é un prato moi sinxelo, rápido e saborosísimo!!! Ademais, se facemos o prebe caseiro, é un prato saudábel e nutritivo. Imos aló! Continue reading “Aguacate con gambas / Avocado with shrimps”

Cheesecake de nutella / Nutella cheesecake

Cheesecake de nutella

nutella cheesecake

Hoxe tráiovos unha receita ben perigosa, e dígoo con moito coñecemento de causa, porque resulta case imposible non probala unha, dúas, ou dez veces mentres se prepara. Está boísima!!! Unha torta de queixo con sabor a nutella que se fai en 10 minutos e é puro vicio! Iso si, saudábel xa vos digo que non o é, mais ás veces ben paga a pena facer o esforzo e probar estas delicias tan saborosas. Así que se sodes seareiras das tortas de queixo, da nutella ou das oreo, esta é a vosa sobremesa perfecta. Non enredo máis e imos aló! Continue reading “Cheesecake de nutella / Nutella cheesecake”