Galletas de chocolate engurradas / Chocolate Crinkle Cookies

Galletas de chocolate engurradas

Hai lambetadas que están moi boas, aínda que non teñan moi boa pinta, e despois están estas galletas de chocolate engurradas, que son ben feitiñas e ademais están boísimas! O meu coas galletas é puro vicio, parécenme unha das mellores larpeiradas do mundo! Podemos levalas no peto para cando temos un antollo de algo doce ou facer un agasallo doce. Ademais, a cativada poderá botarnos unha man, que iso sempre está ben e de seguro que o pasan de marabilla! Imos aló! Continue reading “Galletas de chocolate engurradas / Chocolate Crinkle Cookies”

As 10 receitas máis vistas de 2017 / The top 10 recipes of 2017

As receitas máis vistas do 2017

Aquí estamos de novo en plenas festas de Nadal para seguir falando de lambonadas e como a este ano 2017 xa lle vai quedando pouco, facemos balance das receitas máis vistas para que as teñades todas xuntiñas. A verdade é que me alegra saber que vos gustan receitas de moitos tipos, sabores e con ingredientes moi diferentes, iso quere dicir que como galegas e galegos que somos, somos ben lambonas e lambóns, non si? Se aínda non vos animastes a preparar ningunha receita do blogue, botádelle un ollo a estas más vistas do 2017, que por algo están nesta listaxe! Comezamos coa receita que queda na posición número 10 Continue reading “As 10 receitas máis vistas de 2017 / The top 10 recipes of 2017”

Turrón de chocolate branco con framboesas / White chocolate nougat with raspberries

Turrón de chocolate branco con framboesas

Xa había tempo que non caía outra receita de turrón de chocolate e xa tocaba. Despois das varias lambonadas de Nadal, volvemos facer un turrón de chocolate caseiro, mais desta vez dámoslle un toque aínda máis especial con estas framboesas liofilizadas. Eu engadinlle tamén unhas noces de Macadamia, mais calquera froito seco lle quedaría ben. Aproveito esta receita para desexarvos un MOI BO NADAL E UN PRÓSPERO E MOI FELIZ ANINOVO 2018!!! Que pasedes unhas festas moi felices, acompañados de tódalas persoas que queredes e vos queren, e que o Apalpador vos deixe algún que outro agasalliño. E agora, imos a pola receita! Continue reading “Turrón de chocolate branco con framboesas / White chocolate nougat with raspberries”

Joulutorttu

Joulutorttu

Despois de irmos cara Alemaña coas galletas Spritzgebäck, e a Italia para facermos o Panettone, volvemos cara o norte para preparar os Joulutorttu. Estas pequenas lambonadas con forma de muíño son típicas de Finlandia e prepáranse polo Nadal, de aí o nome, torta de Nadal. A receita é moi sinxela e, ademais, podemos facer uns truquiños para que sexa aínda máis rápida. A marmelada tradicional dos joulutorttu é a marmelada de ameixo morado. Unha mágoa que este ano non fixera marmelada caseira con tódolos ameixos que había na leira 🙂 Polo que se vos pasa coma min, non vos gusta, ou tendes algunha marmelada caseira doutro sabor, podedes empregala perfectamente, pois os joulutorttu saberán de vicio igualmente. Continue reading “Joulutorttu”

Panettone

Panettone

Non se pode negar que dun tempo a esta parte xa sabemos que queda pouco para o Nadal porque aparecen nas tendas os turróns e os Panettones. Chegado dende Italia, decontado pegou forte e se converteu nunha sobremesa recorrente polo Nadal nos nosos fogares. Había tempo que lle daba voltas á idea de facer un Panettone caseiro, mais nesta ocasión non podía tirar de receita familiar, pois, evidentemente, ninguén da familia o fixera antes na casa. Iso si, para comelo apúntase calquera, especialmente se é de chocolate. Cando merquei os moldes para facelo, decateime de que na mesma páxina había un vídeo cunha receita, así que decidín poñerme coas mans na masa e facer a miña versión con chocolate. Que iso das froitas está moi ben, mais onde se poña una Panettone con anacos de chocolate…que se quiten todos os de froita do medio! E aquí vai a receita, déixovos tamén o vídeos orixinal por se lle queredes botar un ollo. Imos aló! Continue reading “Panettone”

Galletas alemás de Nadal – Spritzgebäck – Christmas German cookies

Galletas alemás de Nadal – Spritzgebäck

Non sei por que razón, mais este ano semella que o Nadal quere vir antes de tempo, ou iso, ou que teño gana xa de vacacións e de pasar tempo coa familia 🙂 O caso é que sexa como for, aquí está a primeira receita de Nadal. Na busca de lambonadas típicas de Nadal polo mundo, dei con estas galletas típicas de Alemaña que se fan especialmente polo Nadal. Que co boas que están e o feitiñas que son non é preciso agardar a Nadal para facelas, mais se o que precisades é unha desculpa…o Nadal ten a culpa! 😉 Ademais, en canto vexades a listaxe de ingredientes e o sinxelo que é preparalas, xa vos vexo coas mans na masa! Imos aló! Continue reading “Galletas alemás de Nadal – Spritzgebäck – Christmas German cookies”